Arco: Divisións, percepción visual e intelixencia emocional.

Bos días! Hoxe tráiovos un xogo co que repasaredes de forma moi divertida as divisións. A medida que as resolvades correctamente, iredes evolucionando ao voso Pokémon e pasando de nivel, ¿Estades preparados?

https://view.genial.ly/5e466da6c697191f0bd6dd4d/interactive-content-pokemon

A continuación, déixovos uns exercicios de percepción visual. Para resolver este exercicio, debedes atopar as imaxes correspondentes aos mesmos modelos. Pode moita atención, pois de cada vez é máis difícil!

 

Para rematar, propóñovos crear a nosa cápsula do tempo. Estou segura de que nunca esqueceremos todas estas semanas na casa sen poder ir ao cole, pero seguro que dentro duns anos, cando sexades maiores, vos gustará saber como vos sentiades a día de hoxe. Só tedes que buscar unha caixa que non usedes, e xa podemos empezar a preparar a nosa cápsula do tempo.

 

En primeiro lugar, podedes debuxar unha portada, pondo o ano e mes no que nos atopamos, o termo médico do Coronavirus (que como xa sabedes é Covid-19), o voso nome… e todo o que vos consideredes oportuno!

2020

COVID-19

 

A miña cápsula do tempo

 

Collede una folla e escribide sobre vós, cubrindo datos como:

ü  Teño________anos

ü  Mido________centímetros

ü  A miña cor favorita é_________

ü  O meu animal favorito é___________

ü  A miña comida preferida é__________

ü  A miña canción favorita__________

ü  Cando medre quero ser__________

A esta lista podedes engadir todo o que se vos ocurra.

¿Xa tedes cuberta esta lista con cousas básicas sobre vós? Agora podemos cubrir outra falando de como vos sentides, para iso podedes responder ás seguintes preguntas:

·      ¿Como te sentes? Contenta ou contento, triste, asustado ou asustada…

·      ¿Por que te sentes así?

·      ¿Que estás aprendendo desta experiencia?

·      ¿Que é o primeiro que vas facer cando isto remate?

A esta cápsula, tamén podes engadir datos do teu barrio. Debuxando a túa casa, escribindo sobre que estás a facer para dar ánimos aos teus veciños… Así como escribir sobre todo iso que estás facendo para manterte ocupado na casa.

Recordade que é a vosa cápsula, polo que podedes meter todo o que desexedes ou consideredes importante. Algunhas ideas máis son:

¨Fotos feitas durante o confinamento

¨Unha obra de arte feita por vós

¨Un diario dos teus días

¨Recoller as pegadas dos membros da túa familia (incluídas as mascotas)

¨Recoller momentos especiais vividos neste confinamento (como aniversarios)

¨Pedir aos vosos pais que escriban unha carta sobre o ben que o estades facendo

 

Non esquezades que estades facendo historia, portándovos coma uns campións, por iso merece a pena recordalo para sempre. Decorade a vosa cápsula, e gardádea moi ben!

Iniciar sesión

CRON