Os nosos espazos

O CEP Marcos da Portela é un centro de 16 unidades que ten, a máis das aulas de cada titoría, un Salón de Actos, dúas aulas de Inglés, aulas de Relixión Católica e Relixión Evanxélica, unha de Informática, dezaoito aulas con ordenador, proxector e pantalla (das que oito son Encerados Dixitais Interactivos), un Ximnasio, un Pavillón, dous patios cubertos e dúas pistas polideportivas exteriores.

A BIBLIOTECA, adicada a Victor F. Freixanes, fóra do horario escolar, ten servizo de préstamo á Comunidade Educativa de luns a xoves en horario de tarde, de 16:00 a 18:00 h. Conta tamén con tres ordenadores conectados á rede para consulta e/ou elaboración de traballos escolares.

Contamos cun Departamento de Orientación, cunha aula de Pedagoxía Terapéutica e outra de Audición e Linguaxe.

Tamén ofrecemos os servizos de Transporte, Plan Madruga e Comedor Escolar.