Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Maio 22, 2023
Start: 22/05/2023 10:49

Aberto Prazo do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023

  1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  2. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
  3. AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: alumnado matriculado en Educación Primaria.

FORMA DE PRESENTACIÓN:
Poderase realizar a solicitude de xeito electrónico (precísase a Chave 365 ou certificado dixital) accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que se teñan cubertos todos os datos deberase gardar, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Con esta opción non terían que vir ao centro polo que é a máis recomendable .
  • Presentación no centro: Neste caso imprimirase a solicitude e o anexo II e presentarase no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (libro de familia, sentenza de divorcio e/ou certificado de minusvalía se é o caso. O horario de atención ao público será de 10:00h a 13:00h.

 Descarga do formulario (Anexo I e II)

Se o desexa poderá acudir ao colexio a recoller o formulario para cubrilo na casa e presentalo no centro.

ORDE do 10 de maio do 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023-2024 (código de procedemento ED330B).

PUBLICACIÓN DE LISTAXES: DATAS

As listaxe  serán publicada nas seguintes datas:

  • O 3 de xullo do 2023: Provisional 
  • O 10 de xullo do 2023 se publicarán as listaxes definitivas.

A Dirección.

Xoves Xuño 01, 2023
Start: 01/06/2023 13:06

O cole do Corniño anda por Europa grazas ó Programa Erasmus+ para traer todos os coñecementos adquiridos á nosa escola, a mestra Laura (1º e 2º de educación primaria) e a maestra Sandra (mestra de inglés) participaron nunha actividade de jobshadowing no Agrupamento de Escolas de Alcanena.

No seguinte enlace podedes ver como foi a nosa viaxe, acompáñasnos?

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=HkhyeB0Wbr3NspEVf5gZ

Martes Xuño 20, 2023
Start: 20/06/2023 14:30

Prezadas familias

No acceso seguinte poderán descargar os impresos de matricula que precisan cumprimentar para a formalización de matricula para novo alumnado do vindeiro curso 2023-2024.

Recordar que tamén os poden recoller no centro.

Distribuir contido