APA

Comezo do curso e reunións

03/09/2021 19:58

Boa tarde a tod@s!

O vindeiro xoves día 9 comezará o curso escolar 2021-2022.

A xornada comezará as 9:00 e rematará as 14:00 para todos os cursos. Rogámosvos que manteñades a distancia interpersoal suficiente e non facer grupos antes ou despois de deixar aos rapaces.

Reunións de principio de curso:

1º e 2º de Primaria (titora Laura): o martes 7 de setembro ás 16:15.

3º e 4º de Primaria (titora Uxía): o martes 7 de setembro ás 16:00.

5º e 6º de Primaria: a súa titora será Noelia pero estamos á espera de que chegue o substituto, polo que a reunión levarase a cabo máis adiante.

Recordamos que só debe acudir un proxenitor, sen nenos/as, ademáis de cumprirse con todas as normas COVID actuais: separación suficiente, máscara...

Sen máis novas, o CEP de Carreira deséxavos un curso cheo de coñecemento e ledícia.

CEP Plurilíngue de Carreira

ANPA de CEP de Carreira

 

Este é un proxecto de unión entre as nais e pais do CEP de Carreira, co fin de traballar unidos pola mellora da educación dos nosos fillos e fillas.

Dende esta asociación tratamos de ofertar actividades para nenos e adultos para acadar unha convivencia produtiva e agradable.

 

Non dubiden en contactar co centro para solicitar o seu ingreso na ANPA.

 

Para contactar con nós:

e-mail: anpaaguia @ gmail.com

Telf.: 648 91 80 10 (María José)

Telf.: 669 69 61 36 (María)

 

 

Distribuir contido