Estimadas familias:
Informamos que dende o día 24 de agosto ata o 14 de setembro do 2022 estará aberto o prazo para solicitar as axudas municipais de libros, material escolar e comedordestinados a alumnos/as dos centros docentes públicos e concertados de educación infantil, educación primaria e secundaria para o curso académico 2022-2023 dirixidas a familias do Concello de Ribeira.
Podedes acceder á noticia ao completo a través deste enlace, premendo aquí.
Anexos a cubrir:
Por outra banda, detallamos os requisitos para os posibles beneficiarios (aos que poderán optar a estas subvencións as persoas que reúnan as seguintes condicións) :
a) Que a unidade familiar de convivencia estea empadroada no Concello de Ribeira.
b) Convivir cos/as alumnos/as para os que se solicitan as axudas.
c) Que os/as alumnos/as para os que se solicitan as axudas estean matriculados/as ou teñan reserva de matrícula
en centros públicos ou concertados, en segunda etapa de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
d) Ter presentada a solicitude e documentación no prazo e forma legal establecido.
e) Que os centros educativos para os que se solicita a axuda estean situados no termo municipal de Ribeira.
f) Que a capacidade económica da unidade familiar de convivencia non exceda do 100% do IPREM en termosanuais (8.106,28 euros)
Sendo reforzadas para as situacións de:
- Alumnos e alumnas en situación de acollemento familiar.
- Familias Numerosas
- Situación de violencias de xénero
- Familias monoparentais
- Persoas beneficiarias valoradas con discapacidade
- A conciliación laboral-familiar para a concesión de axudas de comedores escolares.
- Familias con menos ingresos.
Saúdos, a Dirección