FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

22/05/2023 10:49

Aberto Prazo do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023

  1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  2. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
  3. AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: alumnado matriculado en Educación Primaria.

FORMA DE PRESENTACIÓN:
Poderase realizar a solicitude de xeito electrónico (precísase a Chave 365 ou certificado dixital) accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que se teñan cubertos todos os datos deberase gardar, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Con esta opción non terían que vir ao centro polo que é a máis recomendable .
  • Presentación no centro: Neste caso imprimirase a solicitude e o anexo II e presentarase no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (libro de familia, sentenza de divorcio e/ou certificado de minusvalía se é o caso. O horario de atención ao público será de 10:00h a 13:00h.

 Descarga do formulario (Anexo I e II)

Se o desexa poderá acudir ao colexio a recoller o formulario para cubrilo na casa e presentalo no centro.

ORDE do 10 de maio do 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023-2024 (código de procedemento ED330B).

PUBLICACIÓN DE LISTAXES: DATAS

As listaxe  serán publicada nas seguintes datas:

  • O 3 de xullo do 2023: Provisional 
  • O 10 de xullo do 2023 se publicarán as listaxes definitivas.

A Dirección.

AdxuntoTamaño
Anexos I e II.pdf1.61 MB