Skip to Content

Melloras nas instalacións do comedor do centro

Grazas á colaboración da ANPA Berbiriana, Jardanay (empresa de comedor) e, do Concello de A Coruña; este curso escolar continuamos coas melloras nas instalacións do comedor do centro.

Os obxectivo era sacar o maior rendemento ao espazo co que contamos, así como a instalación dun sistema de aire acondicionado que permita dar as mellores condicións ao servizo.

Aquí podedes ver un "antes vs despois".

 

NOVO PODCAST: DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 

NOVO PODCAST CREADO POLO ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA SOBRE "O DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

ITINERARIOS URBANOS: PRAZA FORTE DO REINO DE GALICIA

O alumnado de 5º de educación primaria asistiu á visita "Praza forte do Reino de Galicia" enmarcada dentro dos itinerarios urbanos organizados polo Concello da Coruña. 

 

VISITA AO ITINERARIO

O CICLO DA VIDA

Na primaveira ... acompañamos o ciclo da vida dos gusanos de seda.

Rutas urbanas animadas: Parque de Santa Margarida

Os pequenos exploradores de 4º de educación infantil acudiron á visita ao Parque de Santa Margarida, un programa que pertence ás rutas urbanas animadas organizadas polo Concello de A Coruña.

O reto explorador consistía en axudar a "Cascanueces" o gardián do parque, a levar a cabo as súas rutinas de coidado e vixianza. Como podedes ver, obxectivo conseguido!

 

 

ITINERARIO: "A Cidade de María Pita"

O alumnado de 4º de educación primaria asistiu a un dos itinerarios organizados polo Concello de A Coruña: "A cidade de María Pita". O obxectivo era coñecer a súa historia e adentrarse nun dos edificios mais emblemáticos da cidade, a casa de María Pita. Mediante diferentes actividades de observación foron construíndo unha liña temporal ao redor da vida de María. Encantounos!

 

Proxecto Semente - Mercado en María Pita

E por fin chegou o gran día! A coorperativa Artilandia formada polo alumnado de 3º de educación primaria lanzou a súa venta de xoias no mercado de María Pita, ultima actividade enmarcada dentro do Proxecto Semente; organizado polo Concello de A Coruña. 

Encantounos formar parte desta iniciativa de traballo en equipo, na que vivimos de primeira man o que é formar unha "empresa na escola". 

 

Novas na prensa

 

Rutas urbanas animadas: "Tesouros de María Pita"

O alumnado de 2º de educación primaria participou na actividade "Tesouros de María Pita" organizada polo Concello de A Coruña. Esta visita está enmarcada dentro das rutas animadas do Concello de A Coruña que buscan que o alumnado poda coñecer os lugares mais característicos da nosa cidade. Un éxito!

 

 

Comezamos co pintado do mural: "Camiñando cara a igualdade"

Dentro das accións do proxecto da ANPA "Camiñando cara a igualdade", chegamos á que mais nos tardaba, o pintado da zona cuberta exterior do patio.

Esta actividade da continuidade ao proxecto de "dinamización do noso patio" que iniciamos fai 3 cursos escolares, e no que colaboran co centro, a ANPA e o Concello.

O mural continua coa iconografía mariña que nos representa, e por suposto, toma como eixe central, a temática de igualdade. Estas foron as dúas ideas que se lanzaron ao alumnado para que realizase as súas propostas de deseño. E finalmente, será unha composición dos 4 deseños presentadas polos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º E.P. os que darán lugar á ilustración na que nos somerxeremos no noso patio cuberto.

Un fermoso traballo en equipa ao que por fin, damos comezo!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut