Skip to Content

CINEMA NA ESCOLA

“Cinema na escola”, roda un curso mais grazas ao Concello de A Coruña co galo de achegarlle esta disciplina artística á comunidade educativa, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe, como as novas tecnoloxías facilitan o acceso a esta ferramenta, didáctica e experiencial.

 

O programa "Cinema na escola" persegue converter a cada alumno/a en verdadeiro/a protagonista da aprendizaxe, xa que cada participante é capaz de desenvolver os seus talentos, traballar en equipo, desenvolver a súa creatividade, aprender, e expresar emocións e contar historias.

 

O noso centro participou cunha curtametraxe titulado: “Nunca te esquecerei” e, protagonizado polo alumnado de 5º de educación primaria.

 

O pasado xoves día 2 celebrouse na Biblioteca Municipal Ágora a entrega de premios do certame deste curso escolar. Sabemos que non era o mais importante pero isto non quita que dende aquí queremos darvos a noraboa polo esforzo que se viu recompensado co 2º premio á mellor interpretación. Parabéns equipo!

  

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut