Skip to Content

"De aquí para alá, coas emocións"

O alumnado de educación infantil asistiu ao Concerto didáctico: "De aquí para alá, coas emocións". Fermosa viaxe dunha bolboreta a través de diferentes ritmos, que dá a volta ao mundo.  Acompañados de xéneros musicais como a bossa nova, o rap, a salsa, o reggae ou o ska a bolboreta conseguiu recuperar as súas cores, cada unha delas representando diferentes emocións. Todo elo da man de catro artistas sobre o escenario con proxeccións de animacións audiovisuais. Fabuloso concerto!

 

 



page | by Dr. Radut