A Biblioteca de Don Mexillón

A prehistoria por 6ºA

Os alumn@s de 6ºA estiveron a traballar durante o primeiro trimestre a prehistoria e como era o arte nesta época, aquí podedes ver unha mostra de todo o que aprenderon.

 


NOVIDADES

Ola a todas e todos!

Hoxe quero presentarvos as novidades que chegaron ao cole. Son libros que moitos de vos pedíchedes e que xa están na  biblio.

Animádevos a lelos!!

 

 

Día da PAZ

Sobre arte e sobre paz, no cole estes días, estivemos a traballar.

Que é a paz?

A paz é unha prezada arte que debemos valorar.

Arte que che fai estar ben contigo mesmo e tamén cos demais,

A arte de escoitar, compartir e respectar.

Xuntando arte e paz, fixemos este mural, e con moito

orgullo querémosvolo amosar.

 

 

 

LER ENGRANDECE A NOSA ALMA!

Ola a tod@s!

Velaquí vos deixamos unha selección de lecturas para pasar estes días de recollemento e esperanza.

Esperamos que as disfrutedes e vos deixedes levar pola maxia das palabras.

Bo Nadal!!

RECOMENDACIÓNS

OS PEQUERRECHOS DISFRUTAN NO SAMAÍN- HALLOWEEN

Velaquí unha mostra do traballo realizado polos mais pequerrechos do cole. Disfrutaron disfrazados de monstros, bruxas e esqueletes... Pasaron un pouco de medo pero como valentes que son desfixéronse deles.

Exposición virtual de Postais de NADAL

Exposición virtual de postais de Nadal

 

Fai a túa postal empregando a técnica e os materiais que queiras.

 Cando a teñas feita, faille unha foto, tamén podes escaneala e súbea á aula virtual. É moi sinxelo e ao acceder atoparás un pequeno videotitorial explicativo.
 

Anímate e participa!!!!!

ACCESO Á EXPOSICIÓN VIRTUAL

 

SAMAÍN

 

BENVID@S!!

Benvid@s a un novo curso escolar, atípico e descoñecido. Sabemos de onde partimos pero non a onde chegaremos. Sempre se dixo que a unión fai a forza e entre tod@s o conseguiremos.

Ánimo!!

GENIALLY: APADRIÑAMENTOS LECTORES ALUMNADO IES A BASELLA

Este curso non puidemos realizar no cole a actividade de "Apadriñamentos Lectores" cós exalumnos/as do centro, escolarizados en 1º curso no IES A Basella. Pero deixamos un enlace para que poidades acceder ao Genially e disfrutar coas actividades que prepararon.Esperamos que vós gusten!!

https://view.genial.ly/5ef184a82086a20d2dbb7d41/horizontal-infographic-lists-genially-sin-titulo

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL DE 2020

 Ola nenas e nenos do cole Xulio Camba!!!Como sabedes o día 23 de abril celébrase o Día do libro. É por iso que dende o equipo da biblioteca, e coa axuda de Don Mexilón, queremos recomendarvos unha serie de actividades (lecturas, contacontos, manualidades e cancións) para que poidades festexar este día, e o resto dos días que teñamos que estar na casa, dunha maneira divertida e entretida.

 A primeira destas actividades é un conto para os máis pequenos da casa, na que se vos explica de forma sinxela e clara o que é un virus, e de que maneira xestionar as vosas emocións. O título deste conto é Rosa contra el virus. Podedes descargalo en pantalla completa no seguinte enlace:

 https://www.copmadrid.org/web/publicaciones/rosa-contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-y-otros-posibles-virus

Tamén vos queremos recomendar unha páxina web na que podedes ver diferentes contos moi coñecidos como A que sabe la luna ou La cebra Camila, entre outros moitos, contados por xente como Paco Nogueiras ou Bea Campos. Podedes atopar estes “contos contados” no seguinte enlace:

 http://www.kalandraka.tv/es/seccion2.php?id=33

 Dende a editorial Baía, permítenvos descargar dez libros en galego que aparecen catalogados por idades. Xa sabedes, se tedes ganas de ler e pasar un bo intre, descargade os libros neste enlace:

 https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

 Se o voso son as manualidades, Don Mexilón recoméndavos unha páxina na que vos ensinan como debuxar animais, coches ou como crear o voso propio universo, entre outras moitas cousas:

https://www.anayainfantilyjuvenil.com/blog-tema/manualidades/1/?utm_campaign=semana-arte&utm_medium=email&utm_source=acumbamail

 Por último, se o que vos apetece é escoitar algunha canción, “Radio Picariña” ofrécevos máis de mil cancións en galego, dirixidas a nenos e nenas:

 http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina

Dende a editorial Oxford ofrecen un acceso libre e gratuito a 148 libros de distintas coleccións. Solo é necesario entrar e rexistrarse en:
https://www.oxfordlearnersbookshelf.com

Encontraredes lecturas dende o nivel A1 ata o B2.

 
AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN TODAS ESTAS PROPOSTAS!!!