Este curso estamos a cambiar moitas cousas na biblio. Creamos un recuncho con puffs, expurgamos unha chea de libros que xa non eran actuais e mercamos outros relacionados co PDI, coas emocións e coas diferencias persoais. Estamos moi contentos porque están pedíndoos de seguido.
Dentro da sección de RETOS da biblioteca decidimos pedir ao alumnado que deseñara un cartel que representase a nosa mascota e onde apareceran elementos relacionados co noso PDI.
O pasado día 8 de xuño un grupo de alumnado de 2º da ESO do IES A BASELLA acudiu ao noso centro para realizar un apadriamento lector ao nosos cativos e cativas de 1º e 2º.
A actividade tivo un éxito rotundo e tanto padriños e madriñas como apadriñad@s e amadriñad@s se sentiron moi satisfeit@s.
Cando rematamos a actividade realizamos un intercambio de agasallos e tod@s saìron do cole cun sorriso na súa cara.

O Día internacional da muller, conmemora cada 8 de marzo a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desarrollo íntegro como persoa en pé da igualdade co home.
Este curso adicamos este Día a investigar sobre mulleres relacionadas co universo ( tema do noso PDI ).
Distribuimos polos corredores do colexio láminas informativas sobre diferentes científicas, astronautas...e demos a cada curso unha serie de preguntas as que