A Biblioteca de Don Mexillón

VISITA DO ALUMNADO DO IES A BASELLA

Este mércores recibimos a visita dun grupo de alumnado de 2º da ESO do IES A BASELLA, moitos deles antigu@s alumn@s do noso centro.

Visitaron a biblioteca e elexiron libros adecuados para realizar o apadriñamento lector do noso alumnado o pròximo 8 de xuño.

Estiveron felices de estar no colexio e incluso pediron visitar os mestres que lles deron clase.

Que alt@s e guap@s están!

                                        

 

DÌA INTERNACIONAL DA MULLER

O Día internacional da muller, conmemora cada 8 de marzo a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desarrollo íntegro como persoa en pé da igualdade co home.

Este curso adicamos este Día a investigar sobre mulleres relacionadas co universo ( tema do noso PDI ). 

Distribuimos polos corredores do colexio láminas informativas sobre diferentes científicas, astronautas...e demos a cada curso unha serie de preguntas as que 

debían atopar resposta.

    

DÍA DO LIBRO 2022

O día 23 de abril celébrase o Día do Libro, unha data que nos lembra a importancia da lectura para o desenvolvemento da linguaxe e a  imaxinación. A través da lectura vivimos historias fascinantes, viaxamos a paises lexanos e convertímonos en personaxes maravillosos.

Este curso celebramos este Día coa realización de mùltiples actividades nas aulas tales como: "Descubrir as partes dun libro" ou "Rematar historias fantásticas". Pero a actividade que mais nos gustou foi a de "Compartir lecturas o aire libre". 

                           

                                         

NOVIDADES

Xa chegaron novos libros a biblio do cole. Son divertidos e interesantes. Animádevos a lelos!   

                    

       

HALLOWEEN-SAMAÍN

Un curso mais o colexio temblou pola chegada de bruxas, meigas, vampiros e monstros. As caras pintadas e as caretas arrepiantes subían e baixaban deixando un rastro de medo e terrorrrr!

O noso alumnado queimou os seus medos e bailou para espantar as bruxas e demos que andan arredor. Tamén escribeu historias de medo que nos facían estremecer.

                                                                         

NOVIDADES LECTORAS

                                        

Este curso a biblioteca vai estar chea de colorido e se mirades ben, adiviñaredes a temática do proxecto que imos a traballar.

BENVIDOS A UN NOVO CURSO ESCOLAR

Empezamos un novo curso cheo de ilusións e esperanza. Desexamos disfrutar, aprender, experimentar e voar lendo.

A biblio está chea de novas aventuras que vivir e disfrutar. Convidámosvos a visitala!

GRECIA

As nenas e nenos de infantil ensinanos todo o que saben sobre a Antiga Grecia.
 

TÉCNICAS PLÁSTICAS