Skip to Content

Curso 2011-2012

EXCURSIÓN A CANGAS DO MORRAZO.

EXCURSIÓN HISTÓRICA Á BAIXA LIMIA ( ALUMNOS 2º CICLO ).

GRAN DÍA NO CORGO E NA ROLA RODEADOS POLA NATUREZA.

GRANDES XVII ENCONTROS DE TEATRO ESCOLAR E AMATEUR EN BANDE.

ENTROIDO 2012 EN BANDE

Este ano, o tema escollido para nos disfrazar no CEIP XOAQUIN LOURENZO XOCAS foi "as diferentes tribus urbanas".

Os alumnos de infantil disfrazaronse de PUNKIS.

Os alumnos de 1º cilo de primaria de PIJOS.

Os alumnos do 2º ciclo de CHONIS E HORTERAS.

Os alumnos de 5º disfrazaronse de ROCKEIROS.

Os alumnos de 6º disfrazaronse de HIPPIES.

Pasámolo moi ben bailando, todos xuntos, na festa, que fixemos despois de comer e desfilar por unha alfombra vermella, mesmo parecíamos estrelas famosas.

¡¡¡DIVERTIMONOS UN MONTOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOON!!!

Entroido 2012 on PhotoPeach

FESTIVAL DE NADAL 2011

Este ano, como en anos anteriores, ó chegar o mes de decembro temos gañas de que cheguen as vacacions de Nadal. Pero antes de que cheguen esas benditas vacacións, as non tan desexables notas, adicámonos a preparar un festival, que ten como temática, como non podía ser doutra maneira, O Nadal, e facemolo coa axuda das nosas respectivas mestras, preparamos unhas fermosas obras de teatro e panxoliñas para disfrute de todos.

Despois dun bo xantar, que nada tiña que envidiar a mellor cea de Nadal, pois non faltou o marisco, nin o polbiño a feira, a carne e os doces tipicos coma turrón, polvoróns e peladiñas, e uns saborosisisisisimos profiteroles que fixeron a delicia de todos nos.

Coa barriguiña chea, fomos ao salón de actos onde esperamoss a visita das Suas Maxestades os Reis Magos de Oriente, cando chegaron entregamoslle as nosas cartas e insistimos persoalmente nas nosas peticions subidos nas seus xeonllos e aproveitamos para facerlles algunhas preguntiñas como ¿onde deixaran aos camelos? ¿como facian para entregar tantos agasallos nunha noite?...

Asi foi o noso último día no cole, antes do Nadal. Pasamolo xenial e xantamos moi ben e marchamos, felices e contentos, de disfrutar dunhas pequenas vacacións para poder estar coa familia, xogar e divertirnos cos primos e amigos...

O SAMAÍN

 

 

O SAMAÍN

O Samaín é unha festa de orixe Celta que o cristianismo reconvertíu no Día de Tódolos Santos. Esta festa levaba unha décadas esquecidas, pero nos últimos anos estase volvendo a recuperar debido ao traballo que se fan nas escolas .

A noite do 31 de outubro é a noite do Samaín xa que é cando comeza o Novo Ano Celta. É cando remata o outono e da comenzo o inverno. Nesta noiteas ánimas dos mortos atravesan as portas dos vivos e volven xunto aos seus familiares para quentarse e alimentarse.

 

 

No noso cole esta festa tamén se celebrou. Parececía o cole dos mortos vivintes... UUUFFF   ,   QUÉ MEDOOOOO!!!!! :

Fixéronse concursos de cabazas. No comedor houbo unha comida que daba noxo vela , pero sabía de beeennnn . No salón de actos  os mestres representaron unha obra sobre unha cabaza que era un pouco torta e rabuda, terroríífiiiicaaaa.

En definitiva, o pasamos estupendamente como podedes ver nas fotos ...

 

 

Obradoiro sobre violencia de xénero para nenos en Bande.

O Concello de Bande, en colaboración co colexio de Educación Infantil e Primaria Xoaquín Lourenzo Xocas da localidade, desenvolveu diferentes charlas e talleres con motivo do Día Internacional contra a Violencia de xénero que se conmemorou  o pasado 25 de novembro.

A actividade estivo dirixida aos 52 alumnos de Primaria.Os obxectivos desta xornada foron, entroutros, fomentar a igualdade entre os nenos dende idades moi temperás, así como prever situacións de violencia entre iguais e principalmente  de cara ás mulleres'.

A técnica municipal Montse Vázquez, en colaboración co profesorado do centro escolar, foi a encargada de impartir os talleres que se desenvolveron os días 23 e 26 de novembro ao longo de toda a xornada lectiva.

INSTALACIÓNS DO NOSO CENTRO.

Benvidos ao noso centro onde temos espazos diversos como a  biblioteca ; onde hai libros diversos .Tamén dispomos dunha sala de ordenadores , comedor ,aulas de todo tipo e un salón  de actos moi moderno  entre outros lugares.

 

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox

 

 

 

ORLA DO ALUMNADO DE 6º. CURSO 2010-11

Distribuir contido


by Dr. Radut