Hoxe disputamos a fase comarcal de bádminton en Ramirás. A organización da xornada estivo xenial. Os anfitrións fixeron unha labor impecable. Alí acudimos a meirande parte dos centros educativos da Baixa Limia e Terra de Celanova.
No relativo aos nosos nenos destacamos os resultados de Íker Velasco, Rodrigo e Carlos que conseguiron chegar a 1/4 de final.
Velaquí tedes un escolma coas mellores fotografías.
Rematamos esta semana superdeportiva e...... para a que vén comeza a liga de voleibol. Pero iso xa será outro cantar!