Skip to Content

Obradoiro sobre violencia de xénero para nenos en Bande.

O Concello de Bande, en colaboración co colexio de Educación Infantil e Primaria Xoaquín Lourenzo Xocas da localidade, desenvolveu diferentes charlas e talleres con motivo do Día Internacional contra a Violencia de xénero que se conmemorou  o pasado 25 de novembro.

A actividade estivo dirixida aos 52 alumnos de Primaria.Os obxectivos desta xornada foron, entroutros, fomentar a igualdade entre os nenos dende idades moi temperás, así como prever situacións de violencia entre iguais e principalmente  de cara ás mulleres'.

A técnica municipal Montse Vázquez, en colaboración co profesorado do centro escolar, foi a encargada de impartir os talleres que se desenvolveron os días 23 e 26 de novembro ao longo de toda a xornada lectiva.



page | by Dr. Radut