Skip to Content

Novas

Día da paz 2021

CONTÁXIATE DE PAZGuiño

DÍAS NON LECTIVOS CURSO 2020/2021

Os días non lectivos no presente curso serán o 18 e 19 de febreiro (semana do entroido).

Participación no procedemento de distribución de mascarillas

 

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

Non ten que presentar solicitude:

     a) O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

 

b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

 • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

• Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro.

 

 

Prazo:  do 16 ao 27 de novembro de 2020

INFORMACIÓN DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Información para  toda a comunidade educativa:

Os datos divulgados onte e hoxe nos medios de comunicación sobre o noso centro, son falsos.

Neste momento non temos coñecemento de ningún positivo en covid 19.

 

Aclaración

Esta tarde ás 17:36 h, publicouse unha nova no xornal El Progreso, na que se informa de novos positivos nos centros educativos de Chantada, entre os que figura o noso centro.

Quero facer constar que ás 23:10 h, a dirección do centro non ten constancia de ningún positivo en covid 19 na nosa comunidade educativa.

Agardo que se trate dunha falsa noticia, e  que Sanidade non informase antes á prensa que ao centro.

Así que de momento moita tranquilidade.

Estamos á.espera de que mañá se aclare a situación.

 

AVISO

O mércores día 4 de novembro pasa a "Volta ciclista a España" por Chantada.

Entre as 13.45 e as 14:40 h, estarán cortadas varias rúas.

As familias deben de ter isto en conta, coa finalidade de organizarse á hora de recollida do alumnado.

Samaín

 

Distribuir contido


by Dr. Radut