DÍA DE ROSALÍA (24 de febreiro)

O día 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro no noso colexio. Para iso, todo o alumnado do centro elaborou postais con estrofas de obras da escritora, acompañadas de debuxos. Tamén se fixeron dous murais, letras e pintáronse imaxes da poetisa.

Esta actividade fíxose en colaboración co Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.