Skip to Content

Información

BOLSAS COMEDOR ESCOLAR E MATERIAL 2023-2024 CONCELLO DE FERROL

12/05/2023 17:21
Atlantic/Bermuda

Hoxe sairon publicadas no BOP as axudas á escolarización e bolsas de comedor escolar para o próximo curso 2023-2024.

Establécense dúas liñas de axuda: As bolsas de comedor escolar e as axudas á escolarización (material escolar).

As persoas interesadas deberán presentar a súa instancia coa documentación necesaria no rexistro xeral do Concello.

O prazo remata o próximo luns 29 de maio.

Neste enderezo atoparedes máis información:

https://www.ferrol.gal/arquivos/documentos/benestar/escolarizacion2023/2023_0000003644.pdf

 

Uso das imaxes

Para as familias que queiran sacar fotos, gravar actuacións ou calquera actividade dentro do recinto escolar dos seus fillos e fillas, comunicamos que as imaxes obtidas deben usarse unicamente para ficheiros familiares e que é responsabilidade exclusiva da persoa que obtivo as imaxes a súa correcta utilización.

 

  • En calquera caso, debe respectarse o establecido na Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.
  • Así como o establecido no Protocolo de Datos da Xunta de Galicia, cuxa norma de referencia é a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

HORARIO

O HORARIO DE SECRETARÍA DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS SERÁ:

 

LUNS de 12:30 a  13:30 h.

MÉRCORES de 9:00 a 10:30 h.

XOVES de 13:15 a 13:40 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut