Skip to Content

Proxecto Educativo do Centro

Proxecto Educativo do Centro

Se queres coñecernos accede no seguinte documento adxunto ao noso PEC, 

 

OBXECTIVOS QUE O COLEXIO SE PROPÓN CONSEGUIR 

·        Favorecer a tolerancia respecto das crenzas relixiosas e non relixiosas, sempre que respecten os valores democráticos e de estado de dereito.

·        Favorecer a tolerancia respecto doutras etnias e culturas cara a conseguir a plena integración na vida escolar de todos os nenos e nenas evitando calquera tipo de discriminación.

·        Conseguir que os/as alumnos/as valoren e estimen a lingua e cultura da comunidade galega.

·        Potenciar o galego como lingua de relación

·        Estimular o desenvolvemento do pensamento crítico potenciando a capacidade de análise e síntese

·        Potenciar a creatividade

·        Fomentar hábitos de traballo en xeral e de estudio en particular que faciliten o traballo persoal

   ·        Inculcar valores como:

Tolerancia, Solidariedade, Igualdade, Responsabilidade, Respecto, defensa do medio natural, Paz, Interculturalidade, Cooperación, Respecto, Xustiza e Liberdade.

Distribuir contido


by Dr. Radut