Skip to Content

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2019/2020

BO DÍA, 

 

INFORMÁMOSVOS QUE NO APARTADO DE SECRETARÍA--MATRÍCULA, ESTÁN EXPOSTAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS PARA O VINDEIRO CURSO 2019/2020.

ÚNETE AO SAN XOÁN!!!!

BO DÍA A TODAS E TODOS!!!

 

INFORMÁMOSVOS QUE O VINDEIRO MARTES DÍA 12 DE MARZO TEREMOS XORNADA DE PORTAS ABERTAS ÁS 17:00H. 

HABERÁ UNHA REUNIÓN CO  EQUIPO DOCENTE DE EDUCACIÓN INFANTIL, ONDE VOS CONTARÁN COMO TRABALLAMOS NESTA ETAPA.

MENTRES PODEDES  COÑECER O NOSO CENTRO NO SEGUINTE VIDEO.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Bo día a todos e todas, 

acércase o momento de solicitar praza nos centros educativos de cara ao vindeiro curso 2019/2020.

O proceso de admisión do alumnado (do segundo ciclo de Educación Infantil e alumnado de primaria) comezará o vindeiro mes de marzo, do día 1 ao 20 dese mes podedes presentar a solicitude de admisión.

Tedes toda a información no apartado de Secretaría - matrícula .

Se queredes visitar o noso centro podedes chamar aos teléfonos: 881938194/881938196/881938193.

Estaremos encantadas de recibirvos, ensinarvos o centro e falarvos do NOSO PROXECTO EDUCATIVO.

MAGOSTO 2018

 

Xa estamos no Outono e outro ano máis celebramos o noso Magosto comendo castañas con leite e divertíndonos co circuíto de xogos tradicionais.

Grazas pola colaboración de Pati P. Iglesias por esas fotos espectaculares que plasman a esencia do noso magosto e o ben que o pasamos.

A canción "O outono" do CD de Uxía Lambona e a Banda Molona "A bailar coma tol@s", que levamos escoitando e bailando todo o mes de outubro nas entradas e saídas do colexio.

Grazas tamén ás familias por acompañarnos neste día!!!!!

Premede aquí para gozar co vídeo 

PRECISAMOS VOLUNTARI@S PARA OS GRUPOS INTERACTIVOS

Benqueridas familias e membros da Comunidade Educativa:

Como todos os anos no mes de outubro queremos comezar coas dinámicas de aula denominadas grupos interactivos, para iso precisamos da vosa colaboración.

 

Os grupos interactivos é unha maneira de organizar a aula que da moi bos resultados en canto á mellora da aprendizaxe e a convivencia, e na que se conta coa axuda de máis persoas adultas ademais do profesor ou profesora responsable da aula, polo que introduciríamos no funcionamento da aula a figura do voluntariado. Continuaremos co proxecto en todos os cursos do centro, polo que sería interesante contar con moitos voluntari@s.

Se estades interesad@s ou o está algunha persoa que coñezades chamade ao teléfono 881938193 ou 881938194 ou achegádevos ao colexio .

Contamos con vós!!!!!!!

BO COMEZO DE CURSO!!!!!!! 2018-2019

 

 Benqueridas familias: 

Comeza outro curso máis e estamos ultimando a organización do centro para dar a benvida o mércores, día 12 de setembro, ao curso escolar en horario de 9:00 a 14:00 h. 

É un curso con moitos cambios, se premedes no apartado de profesorado coñeceredes aos mestres e mestras dos diferentes cursos e especialidades.

Haberá 8 unidades de primaria xa que nos habilitaron unha unidade máis, polo que en 4º e 6º teremos dobre liña, no resto dos cursos só unha.

Continuaremos traballando sen libros de texto e xestionando o material a empregar durante o curso a través dunha cooperativa de pais/nais e profesorado, en todas as clases do colexio.

Todo o centro participa na dinámica de aula denominada grupos interactivos e traballo por rotacións (programación en horizontal que garantiza o traballo colaborativo vs individual), como tamén, do ensino das matemáticas a través da metodoloxía do algoritmo ABN.

Participaremos nas diferentes convocatorias do Plan Proxecta e dos Contratos programas  da Xunta de Galicia, como levamos facendo nos últimos anos, pero... non vos preocupedes iremos informando!!!!Guiño

Os martes 18 e 25 de setembro realizaranse as diferentes reunións coas familias pola tarde. Informaremos a través da aplicación tokapp.

Se tedes algunha dúbida poñédevos en contacto co centro nos números de teléfono seguintes:

                     881938193 (Dirección)

                     881938194 (Secretaría)

                     881938195 (Edificio de E.I)

                     881938196 (Xefatura de estudos)

                        881938197 (Conserxería)

Portada axenda 18-19

 

BECAS NEAE

RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA DE ESTADO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL, POLA QUE SE CONVOCAN AXUDAS PARA ALUMN@S CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2018/2019. 

**INFORMACIÓN NO APARTADO DE SECRETARÍA---AXUDAS

 

 

 

 

ERASMUS +

No mes de Febreiro algunhas profes do noso centro estiveron participando no Erasmus +, ELAN INCLUSION COURSE, en Nürnberg (Alemania). 

Aquí nos deixan o traballo que fixeron, en colaboración cos compañeiros e compañeiras de viaxe, para que tod@s o poidamos disfrutar (https://edu.glogster.com/glog/blank-horizontal-glog/2t0r3keth5j )

Agardamos que vos guste!!!!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

BO DÍA!!!

 

LEMBRÁMOSVOS QUE HOXE MARTES DÍA 13 DE MARZO ÁS 17:30h. TEMOS XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AMOSARVOS O PROXECTO DO NOSO CENTRO E O TRABALLO QUE SE REALIZA NAS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL.

Se non podedes vir hoxe, non vos preocupedes, chamade ao teléfono 881938193 e concertamos unha cita para o momento que mellor vos veña.

 

Un saúdo

Festa de Samaín e Magosto 2017

Distribuir contido


by Dr. Radut