Fondo de Libros e Material Escolar

06/07/2016 11:30
13/07/2016 14:00
Europe/Madrid

Benqueridas familias:

Xa podedes pasar polo colexio a recoller os vales e consultar os libros adxudicados do Fondo para o curso 2016/17.

O horario é de 10 a 13h e estaremos dispoñibles até o mércores 13 de xullo. 

Para calquera consulta contactade co centro.

Infantil 4º curso

02/09/2016 12:00
Europe/Madrid

Dadas as dificultades para facela neste mes, a reunión de 4º de Infantil (grupo de 3 anos) foi adiada até o

VENRES 2 de SETEMBRO do 2016, ás 12h.

 

Nela a vosa titora daravos toda a información que precisedes.

Aberto o Prazo de Matrícula para Madrugadores e Comedor Escolar

APERTURA DOS PRAZOS DE MATRÍCULA NOS SERVIZOS DE COMEDOR E DE MADRUGADORES NA REDE DE CENTROS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O CURSO 2016-2017

 

 

CENTROS ESCOLARES                                                              

 

NOME

ENDEREZO

XANTAR

ALMORZO

CEIP APÓSTOLO SANTIAGO

RÚA  DE BETANZOS 55. ALMÁCIGA S/N

SI

SI

CEIP CARDEAL QUIROGA PALACIOS

AVENIDA VILLALDÍA 33-

SI

SI

CEIP DAS FONTIÑAS

RÚA DE ROMA,15

SI

SI

CEIP DE ROXOS

RÚA DA BARROSA, 74 - ROXOS

SI

SI

CEIP DE VITE I

BURGO DAS NACIÓNS, 8

SI

SI

CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI

LUGAR DA ESQUIPA. A SABUGUEIRA

SI

SI

CEIP MONTE DOS POSTES

RÚA FONTIÑAS 79

SI

SI

CEIP RAÍÑA FABIOLA

RÚA ENTREGALERAS 15

SI

SI

CEIP RAMÓN CABANILLAS

JOSE SOUTO PAZ, 5

SI

SI

CEIP A. CASAS NOVOA

 A SIONLLA DE ABAIXO, 10

NON

SI

 

 

LUGAR E PRAZOS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE MATRÍCULA

 

  • Prazo de matrícula: do 27 de xuño ata o 11 de xullo 2016 (ambos os dous incluídos).
  • O impreso de solicitude de matrícula, debidamente cuberto entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14-16 Baixo), nos prazos establecidos.

 

  • modelo oficial poderá descargarse da páxina web do Concello de Santiago de Compostela www.santiagodecompostela.gal ou solicitalo no Departamento de Educación e Cidadanía (Edificio CERSIA, Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n), así como nos centros de ensino obxecto desta convocatoria. 
 
  • Os servizos de comedor e madrugadores prestaranse todos os días lectivos do curso escolar, dende o primeiro ata o derradeiro día establecidos no calendario escolar 2016/2017, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, isto é o período comprendido entre o 12 de setembro de 2016 e o 23 de xuño de 2017 (ambos os dous inclusive).

     

    DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

     

    §         Impreso de matrícula cuberto,  de acordo co modelo normalizado.

     

    RÉXIME DE PREZOS AUTORIZADOS POLO CONCELLO

     

    • Unha vez que se produza a adxudicación do servizo, a Xunta de Goberno Local acordará os prezos por menú a pagar por cada comensal  para o curso escolar 2016-2017.

     

     

 

MÁIS INFORMACIÓN:

 

 

 

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Tfnos.: 981 554 400 / 401

Fax:  981 571 511

dptoeducacion@santiagodecompostela.gal

www.santiagodecompostela.gal

Horario de Atención ao Público de Verán

23/06/2016 10:00
30/06/2016 13:00
Europe/Madrid

Até o 30 de xuño do 2016 o horario de atención ao público na secretaría será de 10 a 13 horas. Tedes que ter en conta que non só somos funcionarios, tamén somos mestres e, nalgunhas ocasións, estaremos reunidos con outras familias ou co noso claustro. 

Pregamos paciencia a todos e todas.

Material para Primaria curso 2016-17

Ligamos os libros de texto para Primaria curso 2016-17

 

Libros de Texto Primaria

CONFIRMAMOS: NON collades o libro de Música.

Material para Infantil curso 2016-17

Ligamos listaxe de material que precisará o alumnado de Infantil do noso centro o vindeiro curso. Nas reunións inicicais informarásemos máis polo miúdo.

 

Material Infantil 2016-17

Despedida do Curso

22/06/2016 09:30
Europe/Madrid

O 22 de xuño despediremos o curso 2015-16 con diversas actividades. Pregamos que esteades antentos aos horarios e ás  peticións que vos facemos.

 

O horario será o habitual, de 9:30 a 14:30. Por motivos de organización todo o alumnado agardará até a hora habitual de saída (que será cando se poidan entregar as notas) para marchar

 

Nas primeiras horas contaremos, por un lado, cun obradoiro gastronómico nun autobús-cociña para os de 1º e 2º; polo outro cun festival adicado ás Letras Galegas. Estas actividades serán internas (só para alumnado)

 

Despois do recreo, ás 12:30, terá lugar a entrega de diplomas para o alumnado de 6º de Infantil e 6º de Primaria, xa que uns pasan a 1º de Primaria e outros a 1º da ESO, á que estades convidadas só as familias deses dous grupos.

 

A partires das 13h comezará o tradicional picnic de despedida ao que, agora si, estades todos os membros da Comunidade Educativa convidados. Para que nos escoite ben todo o barrio, ensaiade un pouco o tema "Catro Vellos Mariñeiros", que cantaremos todos e todas despois do picnic!

 

Pregamos que os que poidades vir a andar, veñades. O autobús-cociña ocupará bastante espazo, e xa sabemos como se pon o aparcamento nestes días. Por iso, insistimos, procurade aparcar fóra ou vide andando, por favor.

Lembrade tamén que o profesorado ten sempre preferencia para aparcar.

 

 

Importante: o mércores 22 de xuño a biblioteca do centro estará pechada en horario de tarde.

Inicio do proceso de Formalización de Matrícula

20/06/2016 09:30
30/06/2016 14:00
Europe/Madrid

Informamos de que dende o vindeiro 20 até o 30 de xuño poderedes formalizar matrícula todos aqueles que así o solicitáchedes ou que fúchedes derivados ao CEIP de Vite pola comisión de Escolarización.

No cole temos todos os documentos, pero se queredes traer o traballo feito da casa comentámosvos o que tedes que traer:

 

Copia do ANEXO III-1 de matrícula de Infantil e Primaria da Orde do 12 de marzo 2013.

Ficha de Datos do alumno/a

Enquisa de Idioma cuberta só no caso de Educación Infantil (lembrade que a lingua propia de Galicia é o Galego, e que é unha pena non conservar tremenda herdanza)

Tres fotografías estilo carné

Fotocopias de 
Libro de Familia* DNIs de todos os Titores Legais Cartilla de Vacinas Tarxeta Sanitaria do Alumno/a

DNI do Alumno/a*

(se o ten)

 *Só se non o presentáchedes na solicitude de praza

 

Horario de Atención ao Público

Todos os días de 9:30 a 10:20

Luns, Mércores, Xoves e Venres de 13:40 a 14:30

 

CONVOCATORIA BOLSAS DO CONCELLO DE SANTIAGO PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL SEGUNDO CICLO E EDUCACIÓN PRIMARIA

Informamos sobre as becas do Concello de Santiago para segundo ciclo de Infantil e Educación Primaria.

Nos adxuntos tedes toda a documentación.

Fondo Solidario de Libros de Texto e Adquisición de Material Escolar

17/05/2016 00:00
23/06/2016 14:30
Europe/Madrid

Xúntase a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Prazo para presentar solicitudes
  •  O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
  •  O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017.

DOCUMENTACIÓN INDISPENSABLE:

Solicitude cuberta e fotocopia do Libro de Familia. Fotocopia do DNI e copia da renda se non autorizas a que a Administración consulte os teus datos.

 

DOGA que regula o proceso

 

Plantilla para cubrir online

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet