VISITA DO CONSELLEIRO ROMÁN RODRÍGUEZ

 

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou o noso colexio para comprobar o resultado das obras de mellora da accesibilidade realizadas durante o verán.

Ler máis

 

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

 

Dende o Departamento de Educación Viaria da Policía Local de Santiago de Compostela informan que:

  • A vindeira semana celébrase a “Semana Europea da Mobilidade”, e por este motivo o concello pretende levar a cabo unha actividade denominada “O día de camiñar á escola”, que consiste en que o próximo día 20 os nenos e nenas acudan ó colexio camiñando desde uns puntos de encontro sinalados polo concello, ben sexa na compaña doutros menores o de seus pais, tratando deste xeito de concienciar a todos da necesidade de manter libres de vehículos os espazos e vías que rodean os centros para maior seguridade dos menores, ó tempo de promover a autonomía dos escolares nos seus desprazamentos escolares, como levamos anos facendo desde o Departamento de Educación Viaria a través do programa Colecamiños.

Para elo reservaranse zonas de estacionamento nos puntos de encontro para que os acompañantes dos menores podan deixar os seus vehículos mentres dure a actividade.

O punto de encontro para o CEIP Plurilingüe de Vite é a dársena de autobuses de Xoan XXIII.

Neste punto haberá persoal do concello, ben Policía Local ou Protección Civil, para acompañar os participiantes ata ó colexio.

 

Clicade aquí para ver o plano da situación do punto de encontro e o percorrido previsto ata o colexio.

 

 

 

Madrugadores e Comedor: Menú setembro

Adxuntamos o menú para madrugadores e comedor escolar deste mes de setembro.

LISTADO LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/2025

 

        LIBROS DE TEXTO

                        No mes de setembro, o profesorado entregará ao alumnado a listaxe de material  escolar.