Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Febreiro 24, 2017
Start: 24/02/2017 12:20

 

Benqueridas familias:

 O venres 24 de Febreiro teremos a festa de Entroido, á que estades convidadas. Constará dun desfile no pavillón e da degustación de produtos do Entroido que teñades a ben traer da casa para compartir. Lembrade entregarllos o venres pola mañá ao persoal do centro.

 O horario será o habitual, habendo clase normal nas 3 primeiras horas e recreo. A vosa presenza será benvida a partires das 12:20. Nesa hora abriremos a entrada principal das escaleiras, que será o único acceso ao pavillón. O aparcamento estará aberto, non así a cancela gris.

Ás 12:30 comezaremos o desfile dentro do pavillón. Ao rematar pasaremos dentro do edificio onde faremos a degustación.

As clases rematarán ás 14:30 coma sempre. Pregamos a todas aquelas familias que vaian retirar os seus fillos antes da hora que entreguen o debido xustificante de retirada como xa se especificou na nota anterior.

 

Lembrade facer honor a Verne cos vosos disfraces!

 Lembrade facer honor a Verne cos vosos disfraces!

 

 

Grazas.

PS: Lembramos tamén, como xa informamos en diversas ocasións e como marca a Orde de calendario escolar, que os vindeiros 27 e 28 de Febreiro e 1 de Marzo son non lectivos. Retomaremos as clases o vindeiro 2 de Marzo.

Xoves Marzo 09, 2017
Start: 09/03/2017 09:30
End: 09/03/2017 14:30

Benqueridas familias,

 

O xoves 9 de marzo hai convocada unha folga xeral no Ensino por varios sindicatos (que abrangue ás familias, aos estudantes e aos docentes) que pode afectar ao normal desenvolvemento lectivo.

En virtude dos servizo mínimos o centro abrirá as súas portas en horario normal, pero non podemos asegurar que as clases se desenvolvan con normalidade debido á posible falta de profesorado e alumnado.

Entre os nosos deberes está a garda e custodia do alumnado en horario lectivo, polo que todo alumno que veña será atendido axeitadamente.

Entendemos que a nosa Constitución contempla o dereito á Folga, e que ese dereito non se pode conculcar no caso dos docentes que a queiran secundar.

No caso das familias que a queiran secundar non traendo aos seus fillos e fillas, pregamos que ao seguinte día lectivo traian un xustificante no que se sinale que faltou con motivo da folga.

 

Grazas.

Powered by Drupal - Design by artinet