blogue deCEIP Plurilingüe de Vite

SOLICITUDE COMEDOR E SERVIZO MADRUGADORES

ACHEGAMOS A DOCUMENTACIÓN E INSTRUCCIÓNS PRECISAS PARA TRAMITAR O SERVIZO COMA USUARIOS/AS DO SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES/AS NO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. 

PODEDES ATOPAR TODA A INFORMACIÓN NOS ARQUIVOS ADXUNTOS.

FAMILIAS USUARIAS TRANSPORTE ESCOLAR

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR

O servicio de transporte escolar do alumnado se renovará automáticamente, agás no caso das familias con domicilio a unha distancia inferior de 2 kmdo CEIP de VITE I (PARADAS DA AVDA. DE CASTELAO E VISTA ALEGRE), que deberán confirmar a solicitude de uso do transporte escolar, entregando no propio centro ou enviando por correo electrónico (ceip.vite1@edu.xunta.gal), o documento adxunto, onde deberá sinalarse a parada solicitada.

AQUELAS FAMILIAS NOVAS USUARIAS DEBERÁN ENTREGAR O MESMO DOCUMENTO .

SE ALGUNHA FAMILIA DESEXASE DEIXAR DE EMPREGAR DITO SERVIZO, ROGAMOS O COMUNIQUEN O ANTES POSIBLE PARA PODER ORGANIZAR AS PRAZAS DISPOÑIBLES.

A DIRECCIÓN.

APERTURA PERIODO PROCESO DE ADMISIÓN

VÍDEO PARA COÑECER MELLOR O COLEXIO (ELABORADO POLO ALUMNADO DE 6º)

A PARTIR DO VINDEIRO 1 DE MARZO E ATA O 22 DO MESMO MES, PODEDES PRESENTAR AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO , ACHEGAMOS DOCUMENTO EXPLICATIVO E ANEXO A PRESENTAR DE FACELO DE XEITO PRESENCIAL

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS/OS ANTES DO 25 DE ABRIL

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDAS/OS, ANTES DO 15 DE MAIO

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO 20 AO 30 DE XUÑO

 

DOCUMENTO ACLARATORIO PROCEDEMENTO ADMISIÓN (CLIC AQUÍ)

LIGAZÓN APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO (CLIC AQUÍ)

LIGAZÓN FORMULARIO EN GALEGO (CLIC AQUÍ)

LIGAZÓN FORMULARIO EN CASTELÁN (CLIC AQUÍ)

 PERÍMETRO DE ADSCRICIÓN (CLIC AQUÍ)

ZONAS DE INFLUENCIA (CLIC AQUÍ)

NIVEL EDUCATIVO

Nº PRAZAS VACANTES

4º Educación Infantil

22 + 3 (reserva obrigada alumnado NEAE, de non existir solicitudes, adxudicaránse de xeito ordinario)

5º EI

3

6º EI

7

1º Educación Primaria

0

2º EP

5

3º EP

7

4º EP

19

5º EP

1

6º EP

1

TELÉFONO RESOLUCIÓN DE DÚBIDAS: 881867834

ENDEREZO CORREO ELECTRÓNICO PARA DÚBIDAS: ceip.vite1@edu.xunta.gal

 

CARACTERÍSTICAS E SERVICIOS CEIP DE VITE I

 

O CEIP DE VITE I, está situado na Avda. Burgo das Nacións s/n

Neste momento contamos con 27 mestras/es e 217 alumnos/as.

 

  •       INSTALACIÓNS:

Contamos con Biblioteca, Ludoteca, salón de actos e comedor.

No primeiro andar temos 6 aulas destinadas ao alumnado de EI (aulas-titoría, aula de psicomotricidade, cociña-actividades plásticas e aula de usos múltiples)

No segundo andar, ademáis das aulas-titoría contamos cun laboratorio e no terceiro andar temos unha aula-cociña.

Ademáis das aulas das distintas especialidades: lingua extranxeira, relixión católica, música, pedagoxía terapéutica e  audición e linguaxe.

As sesión de educación física desenvólvense tanto no pavillón de deportes anexo ao centro coma ao aire libre.

Nos espazos exteriores contamos cun patio para o alumnado de Educación Infantil, con zona verde e parque de xogos, e outras zonas para o alumnado de Educación Primaria nas que se inclúe unha pequeña zona de patio cuberto e unha pista deportiva.

Tamén contamos cun pequeno horto, do que se ocupa o alumnado e aprenden ao mesmo tempo a importancia dunha alimentación sana, a través do coñecemento de distintos productos da horta.

O centro está rodeado por amplas zonas verdes pertententes algunhas ás propias instalación do edificio e outras aos espazos externos.

Ademáis, grazas á proximidade do Auditorio de Galicia, á Biblioteca Ánxel Casal, distintas Facultades Universitarias e parques, podemos organizar e disfrutar de gran variedade de actividades complementarias.

 

  •     SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

Servizo de madrugadores (de 7:30 h a 9:30 h) (Xestionado polo Concello)

Servizo de comedor. (Xestionado polo Concello)

Actividades extraescolares (Xestionado pola ANPA Burgo das Nacións)

Servizo de transporte escolar con dúas rutas, poden consultarse en: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvite/node/348

 

 

SOLICITUDE RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

 

Xa está aberto o prazo de reserva de praza nos centros educativos adscritos, no caso do CEIP de Vite I afecta ao alumnad ode 6º de EP que desexe reservar praza para cursar os seus estudos de ESO no IES XELMIREZ II, o alumnado que sedexe cursar ditos estudos noutro centro deberá de facelo noutro periodo.

Na seguinte ligazón poderedes consultar a infromación que precisedes:

http://www.edu.xunta.es/portal/node/32849

Para poder formalizar a solicitude de reserva de praza, as familias podedes empregar a aplicación:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

(DEBEDES IR A SOLICITUDES-RESERVAS-CREAR, E TEREDES QUE DISPOÑER DA CHAVE 365 OU CERTIFICADO DIXITAL) Neste caso, o proceso será presentado únicamante na aplicación.

T
Tamén podedes cubrir o modelo de solicitude, imprimir e entregar no CEIP de VIte I (cita previa)



Ou podemos facilitarvos o impreso no centro, e unha vez cuberto o entregaredes no centro (cita previa)

 

O PRAZO DE ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN REMATA O 8 DE FEBREIRO.

 

 

 

Un saúdo,
A dirección.