RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO

RESERVA DE PRAZA NO IES PERDOURO PARA O CURSO 2024/2025

 

De conformidade co establecido na Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 21 de outubro de 2022 (DOG do 08/11/2022) e co Decreto 13/2022, do 3 de febreiro(DOG 11/02/2022) que regulan o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos:

 

RESERVA DE PRAZA: O alumnado que actualmente está cursando 6º de Educación Primaria no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e que pretenda continuar estudos de educación secundaria obrigatoria no centro adscrito que é o IES Perdouro (Burela) no vindeiro curso académico 2024/2025, deberá presentar o formulario (Anexo I)  entre os días 15 de xaneiro e 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

As familias poden cubrir o formulario de reserva de praza (Anexo I) dende a aplicación "admsionalumnado" no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/  a través do menú Solicitudes- Reserva-Crear solicitude de reserva.
 
Tamén poden obter unha copia do formulario na secretaría do noso centro, no arquivo que se xunta ao final deste documento ou ben poden descargalo da Sede electrónica da Xunta ( Código de procedemento ED550 A).
 
* É necesario que os 2 proxenitores asinen a solicitude independentemente de se están casados ou non (Anexo I bis). Débese presentar xunto cunha copia do libro de familia onde figure o/a alumno/a e os seus proxenitores. No caso de separación ou divorcio deberán achegar ademais a sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.
 
Unha vez feito que cubriron a solicitude poden optar por:
  • -Imprimir dito formulario e achegalo á secretaría do noso colexio entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro de 2024
  • -Se dispoñen de certificado dixital ou Chave365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación

A listaxe definitiva de alumnado con posto reservado publicarase o día 22 de febreiro e poderá consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior centro adscrito e do centro de adscrición ou a través da aplicación "admisionalumnado".

A listaxe provisional de admitidos no instituto publicarase o 25 de abril e a listaxe definitiva o 15 de maio de 2024.

* Aqueles alumnos/as que decidan matricularse noutro centro distinto do IES Perdouro deben presentar unha solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo no centro elixido.

Consultar manual da aplicación AdmisionAlumnado aquí

 

AdxuntoTamaño
2024_ Solicitude Reserva_ED550A-G.pdf1.23 MB

Back to top