Comedor
Comedor 2023/2024
Posted Marzo 12th, 2012 by AnónimoNo presente curso escolar 2023/24 a ANPA do CEIP Plurilingüe “Virxe do Carme” de Burela ofrece o servizo de COMEDOR ESCOLAR para os nosos alumnos/as.
A comida será subministrada diariamente pola empresa de cátering “TWITY” de Burela.
O prezo que cobrará a cada alumno/a ó mes será o que se sinala a continuación:
MENÚ | PREZO MENÚ |
PREZO MENÚ SOCIOS ANPA |
SETEMBRO | 67.50 € | 57.50 € |
OUTUBRO |
92 € |
82 € |
NOVEMBRO |
92 € |
82 € |
DECEMBRO | 92 € | 82 € |
XANEIRO | 92 € | 82 € |
FEBREIRO | 92 € | 82 € |
MARZO | 92 € | 82 € |
ABRIL | 92 € | 82 € |
MAIO | 92 € | 82 € |
XUÑO | 67.50 € | 57.50 € |
Todos os nenos e nenas que utilicen o servizo de Comedor Escolar deberán abonar con antelación o importe do seguro escolar de comedor por un total anual de 6 euros.
A ANPA xirará a cada familia un recibo bancario durante a primeira semana de cada mes polo importe correspondente á comida dese mes.
O COMEDOR comezará o seu funcionamento o martes, día 12 de setembro, (os alumnos e alumnas de 3 anos e o alumnado eventual comezará o luns 18 de setembro). O alumnado estará atendidos por monitoras/coidadoras contratadas polo Concello de Burela en horario de 14:00 h a 15:30 horas.
Ø INSCRICIÓN: Para utilizar o servizo de comedor escolar, deberá cubrir o “Cupón para Inscrición” que se xunta e entregalo na oficina de administración do centro ou envialo a ANPA:
Correo electrónico: anpavirxedocarme@gmail.com
WhatsApp: 644 887 965.
Ø PRAZO DE INSCRICIÓN: Venres día 8 de setembro ata as 10:00h.
Para inscribirse como usuario do comedor deberá cubrir o "Cupón de Inscrición" que poderá descargar facendo click AQUÍ.
Para máis información chamen ao teléfono 644.887965 (ANPA) OU 982.870120 (COLEXIO)