Skip to Content

No Centro

No Centro

Día da discapacidade: Padlet con videos

Hecho con Padlet

PROXECTO VIOLANET

Recreos gustosos

recreos

O Tesouro De Teis. Ed.Infantil , 1º e 2º primaria. Curso 2016-2017.

O alumnado do noso centro, como fixo o pirata inglés Drake, exploraron a marabillosa costa de Teis e atoparon un tesouro agochado.

Unha das actividades previas á saída foi o visionado deste vídeo, realizado no noso centro, onde se mostra brevemente a historia do desembarco do pirata Drake en Teis, o club de remo e elementos naturais.

Un Mar De Medo. A terrorífica transformación do alunmado de tres anos. Curso 2016-2017.

A ciencia segue  sen atopar unha explicación lóxica a esta divertida transformación que ocorreu no noso cole.

Educación Infantil. Polo correo do vento, curso 2012-2013.

A concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, realizou no noso centro esta actividade dinamizadora do galego.

"Polo correo do vento" é un proxecto didáctico no que a palabra e a imaxe constitúen as ferramentas esenciais para activar a creatividade e imaxinación dos máis novos.

Desenvólvese un conto de xeito oral e no tempo do relato debúxase un mural correspondente a unha escena clave da narración. Posteriormente, unha rolda de prensa participativa incrementa e complementa os misterios e as curiosidades do conto e da ilustración. Nunha segunda parte, nun obradoiro, debúxase, paso a paso, unha personaxe principal da historia, todos xuntos, guiados polo ilustrador. Por último, remátase cun xogo didáctico característico das páxinas finais dos álbumes da colección "Polo correo do vento".

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE PAPEL RECICLADO

O venres día 9 de novembro os nenos e nenas de 1º ciclo de Primaria participaron no colexio nun obradoiro de elaboración de papel reciclado. Aprendemos a elaborar papel dun xeito moi sinxelo pero tamén nos demos conta da importancia de non malgastalo, de reciclalo e reutilizalo. Foi moi interesante e divertido!

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut