Skip to Content

Educación Infantil. Polo correo do vento, curso 2012-2013.

A concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, realizou no noso centro esta actividade dinamizadora do galego.

"Polo correo do vento" é un proxecto didáctico no que a palabra e a imaxe constitúen as ferramentas esenciais para activar a creatividade e imaxinación dos máis novos.

Desenvólvese un conto de xeito oral e no tempo do relato debúxase un mural correspondente a unha escena clave da narración. Posteriormente, unha rolda de prensa participativa incrementa e complementa os misterios e as curiosidades do conto e da ilustración. Nunha segunda parte, nun obradoiro, debúxase, paso a paso, unha personaxe principal da historia, todos xuntos, guiados polo ilustrador. Por último, remátase cun xogo didáctico característico das páxinas finais dos álbumes da colección "Polo correo do vento".



logo

page | by Dr. Radut