Skip to Content

Aberto o periodo de admisión de alumnado para o curso 2018/2019

Desde o día 1 de marzo está aberto o prazo para que as familias presenten a solicitude de admisión  para o vindeiro curso 2018/2019, xa se poden anotar os nenos e nenas nacidos no ano 2015 para comezar a súa escolarización en educación infantil no noso colexio. O centro invita ás familias a visitar as nosas intalacións durante as xornadas de portas abertas ata o 20 de marzo , en horario de 16:00h a 17:00h.

Tamén vos recordamos que na nosa páxina web podedes consultar a información relativa ao proceso de matrícula, cos prazón e a documentación da mesma. Para calquera consulta podedes dirixirvos á Secretaria do noso colexio.



story | by Dr. Radut