Aprender a coñecer | Aprender a facer | Aprender a ser | Aprender a vivir xuntos
Información e calendario de matrícula para o curso 2018/2019
A continuación podedes consultar a información acerca dos plazos e documentación relativa á matricula para o curso 2018/2019.
Alumnos matriculados no CEIP O Vicedo que continuen os seus estudios no mesmo.
O proceso de matricula é automatico e os alumnos non teñen que facer ningún trámite.
Alumnos de 6º de Primaria que promocionen o IES María Sarmiento.
Entre o 1 e o 15 de Febreiro cumplimentarase o modelo ED550A que se facilita no centro ou descargado a traves deste enlace ( Modelo ED550A ), que se entregará cumplimentado na Secretaría do colexio.
A formalización da matrícula será entre o 25 de xuño e o 10 de xullo no propio IES María Sarmiento. Presentarán o documento de formalización de matrícula, Anexo III-2.
Alumnos de 6º de Primaria que queiran ir a outro instituto.
Deberán presentar entre o 1 e o 20 de Marzo no Instituto elexido a solicitude de admisión ( Modelo ED550B ), esta solicitude só se poderá presentar nun único centro, o indicado en primeiro lugar, relacionando, se así se desexa, ata seis centros máis por orde de preferencia. As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI do alumno/a ou do Libro de Familia.
Levarán a cabo a formalización da matrícula entre o 25 de xuño e o 10 de xullo no Instituo elexido. Presentarán o documento de formalización de matrícula, Anexo III-2.
Alumnos que se matriculan por primeira vez no CEIP O Vicedo ou cambian de centro.
Do 1 ao 20 de Marzo deberán presentar na Secretaría do Centro a solicitude de admisión, Modelo ED550B. As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI do alumno/a ou do Libro de Familia.
- Se é trasladado doutro centro, certificación de matrícula.
Antes do 25 de abril levarase a cabo a publicación provisional das listaxes do alumnado admitido no taboleiro de anuncios. Disporase dun prazo de 5 días hábiles para posibles reclamacións. Resoltas estas as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido será antes do 15 de maio.
Do 20 ao 30 de xuño (aumentase ao 2 de xullo por ser o día 30 de xuño inhábil) será o prazo de formalización de matrícula para o alumnado de Educación Infatil e Primaria, presentando o Documento de Formalización de Matrícula, Anexo III-1, na Secretaria do colexio. De non facer esta formalización entenderase que o alumno/a renuncia á praza.
Esta tramitación tamén e posible facela a traves da aplicación Admisión Alumnado posta a disposición pola Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.