Pedagoxía Terapéutica
MÉRCORES 6 DE MAIO
Enviado por Anónimo o Mér, 06/05/2020 - 09:38Moi bo día!
Hoxe volvemos a repasar o cálculo a través da realización de operacións. Recórdovos que nestes documentos que vos adxunto hai operacións de diferentes niveis, polo que haberá algunhas que vos resulten moi sinxelas e outras máis complicadas. Non tedes que facelas todas.
MARTES 5 DE MAIO
Enviado por Anónimo o Mar, 05/05/2020 - 09:32Moi bo día!
Hoxe levaremos a cabo unha actividade para comprobar se sodes capaces de identificar un número seguindo unhas pequenas pistas. É moi, moi doado seguro que o facedes case cos ollos pechados. Este material pertence á paxina web Orientación Andujar.
LUNS 4 DE MAIO
Enviado por Anónimo o Lun, 04/05/2020 - 09:17Moi bo día!
Comezamos a semana con uns problemas de mates. Recordade que sempre vos poño problemas de diferentes niveis polo que igual non tedes que facelos todos.
https://drive.google.com/open?id=1Vm8nd19BIUnqor42bxPKVQn2LNMAThi0
XOVES 30 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Xov, 30/04/2020 - 10:10Moi bo día!
Hoxe quero presentarvos unhas actividades que vos axudarán a traballar o razoamento. Non vos preocupedes se algunha vos resulta complexa ou no vos sae á primeira, so tedes que respirar fondo e volver a intentalo, igual cambiando a perspectiva o logrades. Espero que vos resulte entretido.
MÉRCORES 29 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Mér, 29/04/2020 - 09:46Moi bo día!
Hoxe volvemos á carga co cálculo e para iso déixovos unhas fichas con operacións de diferentes niveis, por iso algunhas vos resultarán demasiado fáciles e outras difíciles, pero non vos preocupedes, facede aquelas que se adapten máis a vós.
https://drive.google.com/open?id=1vHdUuXaJdxbLyKCVFT2F0k7TlbgDQWdb
MARTES 28 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Mar, 28/04/2020 - 09:38Moi bo día!
Hoxe faremos un repaso do sistema decimal (unidades, decenas e centenas). É importante dominar este tipo de actividades para que os aprendizaxes posteriores sexan máis doados. Adxúntovos un documento cunhas actividades sinxelas.
https://drive.google.com/open?id=16gukTvsLdG5D7TTHmeOAu1yEkuU_pNQL
LUNS 27 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Lun, 27/04/2020 - 09:24Moi bo día!
Hoxe comezaremos facendo un pequeno repaso dos números do 60 ao 100.
https://drive.google.com/open?id=1-5E7C0vI59fHPZdZbh92tsnpI8EuEARD
Tamén vos deixo unhas fichas con problemas de diferentes niveis. Recordade facer so aqueles que se adapten a vós.
VENRES 24 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Ven, 24/04/2020 - 10:01Moi bo día!
Para que desfrutedes e desconectedes déixovos por aquí un vídeo coa explicación de dous xogos que podedes facer na casa. Axudaranvos co cálculo e os números. É importante repasar pero tamén divertirse.
XOVES 23 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Xov, 23/04/2020 - 09:55Moi bo día!
Hoxe traballaremos o razoamento lóxico, para iso déixovos un documento que procede da páxina web de Orientación Andujar. Espero que vos resulte interesante e útil.
MÉRCORES 22 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Mér, 22/04/2020 - 09:41Moi bo día!
Hoxe imos traballar o cálculo a través da realización de operacións. Como xa sabedes déixovos uns documentos con diferentes niveis de operacións, non tedes que facelas todas, so aquelas que sexades capaces cos coñecementos que xa tedes.
https://drive.google.com/open?id=1HYb_sWxm5MBsz6KiskhgIfwsBOng8l7F