Iniciar sesión: Acceso

Audición e Linguaxe

MÉRCORES 20 DE MAIO

Moi bo día! 

O luns xa vos expliquei o que eran os zentangle. Hoxe seguiremos a practicar un pouco esta actividade, espero que vos estea axudando e por suposto que vos guste. No vídeo de hoxe ensínanvos 6 patróns que podedes tentar reproducir, aínda que podedes facer outros ou inventalos vós. Recórdovos que non tedes por que facer un simple cadrado. Podedes encher un debuxo con zentangle, déixovos unha imaxe de mostra. 

MARTES 19 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe preséntovos unha manualidade que nos servirá para traballar o sopro. Vades precisar a axuda dun adulto para poder facelo, recordade que podedes adaptalo como mellor vos pareza.

LUNS 18 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe quero presentarvos unha nova actividade para traballar a concentración e a relaxación, aínda que tamén traballaremos outras cousas. Trátase do ZENTANGLE.

O método zentangle é un método artístico baseado na creación de imaxes a partir de patróns chamados tangles. Este método foi creado por Rick Roberts, profesor de ioga, e María Thomas, calígrafa, no 2004, en EEUU.

VENRES 15 DE MAIO

Moi bo día! 

Fai unhas semanas propúxenvos unha actividade de pintar mandalas, é un gran exercicio  para mellorar a concentración e axuda a relaxarse. Pois hoxe propóñovos que creedes os vosos propios mandalas, para iso déixovos un vídeo que vos explica como podedes facelo. Espero que vos guste. 

XOVES 14 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe propóñovos empregar o sopro para facer soar un instrumento musical, concretamente unha frauta que podedes fabricar na vosa casa. Déixovos por aquí un vídeo para que vexades como se fai. 

https://www.youtube.com/watch?v=xalbIM9xleU

MÉRCORES 13 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe comezamos traballando a atención e a discriminación visual a través dunha actividade moi sinxela, adxúntovos o documento. 

https://drive.google.com/open?id=1E4TQknfsFTZt-Z0bDOZHN4qPMumvIRFP

MARTES 12 DE MAIO

Moi bo día!

Comezamos hoxe con un xogo de sopro. Consiste en ver quen é capaz de deixar o seu pompón ou pelotiña no centro dun circulo de cartón ou papel. Déixovos por aquí unha imaxe para que vexades como é. 

 

LUNS 11 DE MAIO

Moi bo día!

Para comezar esta semana, que vos parece se tentamos atopar as diferenzas entre varias imaxes?, así traballaremos a atención. 

https://drive.google.com/open?id=1gtvyhlOmPDd8Cq4LptXKhqiuKyRvruri

VENRES 8 DE MAIO

Moi bo día!

Para rematar a semana déixovos un novo vídeo de ximnasia cerebral. Espero que vos guste. 

https://www.youtube.com/watch?v=lGlUYXJnjO8

XOVES 7 DE MAIO

Moi bo día!

Hoxe propóñovos unha actividade un tanto diferente para traballar o sopro. O único que precisades é unha baralla de cartas e un vaso. Debedes colocar o vaso boca abaixo e poñer enriba a baralla. A continuación debedes soprar e conseguir tirar todas as cartas menos unha. É un exercicio de control de sopro un pouco difícil, non vos preocupedes senón vos sae. Tamén podedes facer variacións do xogo ao voso gusto. 

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais