Iniciar sesión: Acceso

Orientación

XOVES 26 DE MARZO

Bos días! 

Hoxe déixovos por aquí uns mandalas para traballar a concentración, a relaxación e por suposto a creatividade dos nosos nenos/as. 

https://drive.google.com/open?id=1WH282lJvRyb0HkrU0y901Z38ZulWu3Ob  

MÉRCORES 25 DE MARZO

Bo día!

No día de hoxe seguiremos traballando o cálculo, para iso adxunto dous documentos un pensado para nenos/as que se inician nas matemáticas e outro para nenos/as que xa teñen certo dominio. 

https://drive.google.com/open?id=1HuEtyN-pdhJip0I3EwOXCOQ5Klv-mMie 

MÉRCORES 25 DE MARZO

Bo día!

Hoxe volvemos con forza para traballar a linguaxe oral. Recordades que o luns vos propuxen un recorrido para facer soprando? pois hoxe vamos aproveitar ese mesmo recorrido e tentaremos facelo soprando polo nariz, é algo máis complicado pero o importante é intentalo. 

Ademais déixovos o enlace a unhas instrucións para facer praxias. Recórdovos que estas instrucións podedes aplicalas como mellor vos conveña, non tedes que seguir o orde ou facelas todas. 

MARTES 24 DE MARZO

Bos días! 

Hoxe  preséntovos unhas aplicacións gratuítas para tablet ou móbil para traballar as matemáticas. Están divididas por idades. Recordarvos que é aconsellable que o uso de aparellos dixitais estea supervisado por un adulto. 

MARTES 24 DE MARZO

Bos días! 

Hoxe vamos traballar un pouco a atención. Farémolo a través dunhas fichas que vos adxunto con actividades de buscar as diferenzas e tamén de unir números para formar debuxos, neste caso hai varias fichas clasificadas por dificultade. 

LUNS 23 DE MARZO

Bo día!

Hoxe adxúntovos un par de fichas para traballar os números e o cálculo. A primeira está pensada para nenos/as máis pequenos, que están dando os seus primeiros pasos nas matemáticas. A segunda xa está pensada para nenos/as dun nivel superior. 

https://drive.google.com/open?id=1KiQuyn9pRUPC_ZhLqOIkVDD-oTLv7Y3S

LUNS 23 DE MARZO

Bo día!

Hoxe para traballar a estimulación da linguaxe oral propóñovos varias actividades. 

VENRES 20 DE MARZO

Bo día!

Hoxe preséntovos uns xogos matemáticos para ir practicando cos números e co  cálculo de forma máis amena.

MÉRCORES 18 DE MARZO

Bo día!

No día de hoxe seguiremos con traballo dedicado á estimulación do linguaxe oral mediante praxias e sopro, para iso déixovos un enlaces a uns videos que poden ser interesantes.

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais