Iniciar sesión: Acceso

Orientación

XOVES 16 DE ABRIL

Moi bo día!

Volvemos con ganas para traballar a linguaxe oral.  Coma sempre comezarei propoñéndovos unha actividade de sopro. Neste caso precisades un vaso ou recipiente similar e unha pelotiña ou pompón que pese pouco. A actividade consiste en conseguir sacar a pelotiña do recipiente mediante o sopro. 

Para traballar as praxias deixovos un vídeo con varias ideas. 

MÉRCORES 15 DE ABRIL

Moi bo día!

Hoxe faremos un breve repaso das unidades de as decenas. Para iso déixovos unha ficha moi simple. 

https://drive.google.com/open?id=17uTvUXT0QVkISFMh2EhUVBrN3WT7ZSvK

Una saúdo e moito ánimo. 

 

MÉRCORES 15 DE ABRIL

Moi bo día!

Hoxe comezaremos traballando a atención e a concentración, para iso déixovos un documento con matrices de letras. Espero que vos resulte entretido.

https://drive.google.com/open?id=1gNp35R-25BK_DgQI7_M6CCu8GM-uxTXH

MARTES 14 ABRIL

Moi bo día!

Benvidos a un novo trimestre!  Espero que tivésedes unha boas vacacións, dentro do posible. 

Hoxe vamos comezar traballando a seriación e para iso déixovos un documento que provén da web de Orientación Andujar. Espero que vos resulte útil, non tedes porque facelas todas, escollede as que mellor se adapten ao voso nivel. 

MARTES 14 ABRIL

Moi bo día!

Benvidos a un novo trimestre!  Espero que tivésedes unha boas vacacións, dentro do posible. 

Vamos comezar coa estimulación da linguaxe oral.

VENRES 3 DE ABRIL

Bo día!

Hoxe propóñovos un listado de xogos para seguir practicando as mates de forma máis lúdica e amena. Espero que tanto a fin de semana como as vacacións do segundo trimestre as pasedes do mellor xeito posible. Recordarvos que xa vos deixei por aquí as plantillas dalgúns xogos de cálculo que podedes seguir empregando. Non esquezades que se recomenda que o uso das aplicacións electrónicas se realice baixo a supervisión dun adulto.

VENRES 3 DE ABRIL

Bo día!

Hoxe propóñovos pasar un anaco pintando. Isto axudaravos a estar máis relaxados e a traballar a vosa concentración. Déixovos por aquí uns debuxos descargados da páxina web https://www.orientacionandujar.es/. Os debuxos pertencen ao artista M. Lange

2 DE ABRIL

Bo día

Hoxe volvemos a repasar o cálculo pois é unha das claves para seguir mellorando. Por iso vos deixo unha fichas de operacións con diferentes niveis de complexidade.

2 DE ABRIL

Bo dia! 

Hoxe volvemos con gañas para traballar a linguaxe oral. 

Comezaremos cun un xogo de sopro, para iso déixovos o enlace a un vídeo de youtube no que se explica como facer un gusaniño co que poderemos facer carreiras de sopro. 

2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Moi bo día!

Hoxe 2 de abril conmemoramos o día mundial da concienciación sobre o autismo. 

No ano 2007 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas instaurou este día co obxectivo de poñer de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con trastorno de espectro autista (TEA). 

Cada ano se levan a cabo campañas para tentar acadar ese obxectivo. 

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais