Iniciar sesión: Acceso

Orientación

VENRES 15 DE MAIO

Moi bo día! 

Fai unhas semanas propúxenvos unha actividade de pintar mandalas, é un gran exercicio  para mellorar a concentración e axuda a relaxarse. Pois hoxe propóñovos que creedes os vosos propios mandalas, para iso déixovos un vídeo que vos explica como podedes facelo. Espero que vos guste. 

XOVES 14 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe déixovos un vídeo no que se explican varias actividades para traballar o razoamento dos máis pequenos. Recordade que podedes adaptar estas actividades como mellor vos pareza, empregando os materiais que tedes pola casa ou incluso cambiando algunhas das premisas do xogo. Espero que vos resulte útil e interesante. 

XOVES 14 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe propóñovos empregar o sopro para facer soar un instrumento musical, concretamente unha frauta que podedes fabricar na vosa casa. Déixovos por aquí un vídeo para que vexades como se fai. 

https://www.youtube.com/watch?v=xalbIM9xleU

MÉRCORES 13 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe vamos a repasar o cálculo a través de operacións. Déixovos dous documentos con operacións de diferentes niveis, recordade que non tedes que facelas todas, so aquelas que se adapten ao voso nivel. 

https://drive.google.com/open?id=1B-vMHNar2r1CsC1HcmNkgXPM8cholLto

MÉRCORES 13 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe comezamos traballando a atención e a discriminación visual a través dunha actividade moi sinxela, adxúntovos o documento. 

https://drive.google.com/open?id=1E4TQknfsFTZt-Z0bDOZHN4qPMumvIRFP

MARTES 12 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe é martes e para repasar un pouco as unidades e decenas propóñovos un xogo. 

Un bingo.

 As súas instrucións así como os cartóns para xogar están no documento que vos adxunto. Xa sabedes que podedes imprimilo, facelo vós á vosa maneira, adaptalo como mellor vos pareza, etc. Espero que o desfrutedes e vos sexa útil. 

MARTES 12 DE MAIO

Moi bo día!

Comezamos hoxe con un xogo de sopro. Consiste en ver quen é capaz de deixar o seu pompón ou pelotiña no centro dun circulo de cartón ou papel. Déixovos por aquí unha imaxe para que vexades como é. 

 

LUNS 11 DE MAIO

Moi bo día!

Para comezar esta semana, que vos parece se tentamos atopar as diferenzas entre varias imaxes?, así traballaremos a atención. 

https://drive.google.com/open?id=1gtvyhlOmPDd8Cq4LptXKhqiuKyRvruri

VENRES 8 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe déixovos por aquí un vídeo dun xogo matemático moi interesante. Probablemente non o teredes na casa, pero non pasa nada podedes fabricalo vós de forma moi sinxela con folios ou cartulinas. Espero que vos guste e pasedes unha boa fin de semana. 

https://www.youtube.com/watch?v=a3IsKk4JcLA&t=119s

VENRES 8 DE MAIO

Moi bo día!

Para rematar a semana déixovos un novo vídeo de ximnasia cerebral. Espero que vos guste. 

https://www.youtube.com/watch?v=lGlUYXJnjO8

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais