Iniciar sesión: Acceso

Educación física

Cross Escolar Semana Verde (Silleda)

O venres 17 celebrouse no recinto feiral da Semana Verde de Silleda o Cross Escolar do Deza no que participamos dende terceiro ata sexto de primaria. Tivemos unha xornada de nervios, divertida e moi emocionante na que algúns dos nosos alumnos obtiveron unha boa clasificación. Noraboa!!

                      

CARREIRA POLA IGUALDADE

O 29 de maio todo o alumnado do centro participou en carreiras moi variadas: sobre aros, salto de vallas, de coelliños, en zig-zag, de rás, de canguros, de camareiros/as e de carretillas.

Todas e todos pasámolo moi ben!

EDUCACIÓN FÍSICA (TERCEIRO - CUARTO)

Bo día, debido a que non podemos practicar deporte o aire libre, facilitovos algúns xogos que na medida do posible podedes practicar na casa.

 

TERCEIRO - CUARTO

EDUCACIÓN FÍSICA (QUINTO - SEXTO)

Bo día, como xa sabedes estivemos traballando co bádminton. Comezamos a semana pasada, os que teñan a posibilidade de practicar na casa coas raquetas que intenten practicar os diferentes gopeos coa pluma.

Tamén vos adxunto unhas fotocopias de diferentes temas relacionados a nivel xeral coa Educación Física, ide facendo según poidades. 

Bo día

https://youtu.be/HtqpjdTKQWg (neste enlace podedes ver un video de Carolina Marin, a nosa representante de bádminton)

Tamen vos envio a fotocopia de bádminton.

 

A NOSA MASCOTA

Comezamos outro ano mais o novo curso, e dende hai 3 anos acompáñanos unha amiguiña durante as clases de Educación Física. Debido as circunstancias o ano pasado non pudo acompañarnos, pero neste curso vai voltar a nosa clase para acompañarvos en todos os xogos e deportes.

                        Pinguiña deséxabos un bo comezo do curso 2021 - 2022!!!!

 

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais