Iniciar sesión: Acceso

Mércores 13 de maio

Ola, ola!

Imos a polo mércores!

Comezamos se vos parece seguindo un pouquiño polo repaso das figuras xeométricas. Hoxe toca falar da clasificación dos triángulos. Non vos preocupedes porque isto levádelo estudando toda a primaria. Estou certa de que vos resultará moi, moi sinxelo! https://drive.google.com/open?id=1JKo0whSQpCgE7SCGTgl_fMV094mFdw6C

Ademais, non sei se sabedes que o día 17 celebramos as Letras Galegas. É unha das miñas celebracións favoritas do ano, xa que nos recorda a importancia de sentirnos orgullosos da nosa lingua e da nosa literatura. Temos grandes escritores con moito talento na nosa terra. O primeiro Día das Letras Galegas foi aló polo ano 1963, coincidindo co centenario da primeira edición da obra de Rosalía de Castro Cantares gallegos. Este ano concretamente homenaxeamos a Ricardo Carvalho Calero. Propóñovos unha actividade para coñecer mellor a súa biografía, é dicir, a historia da súa vida. https://drive.google.com/open?id=1kO0JQwGjyHN-RHPQdJrBU8dWz7Tj_SPF

Se vos apetece tamén podedes ler un conto infantil escrito por este autor. Titúlase As pitas baixo a choiva e tédelo dispoñible neste enlace: https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas

Nada máis, rapaces e rapazas!

Moito ánimo!

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais