Iniciar sesión: Acceso

PSICOMOTRICIDADE (Mércores 29 de Abril)3 - 4 anos

   Bos días, hoxe imos a precisar a axuda dos papás ou mámás para xogar, espero que o pasedes moi ben a vez que facedes un pouco de exercicio. Ánimo e a xogar!!!!

·  Salta e agachate. Obxectivo: Traballar a coordinación dinámica xeral.

Para este xogo precisaremos a axuda dun adulto ou dun irmán. O traballo consiste no seguinte; o adulto deitarase boca abaixo no chan e o neno terá saltarlle por arriba, logo o adulto levantarase como se fixera unha flexión, e o neno arrastrarase por debaixo, así continuamente.

·Zapatóns que patinan. Obxectivo: Traballar a coordinación óculo – pédica

Para este xogo precisamos dous anacos de cartón (pode ser dunha caixa de cerais, dunha caixa de zapatos…) no que poidamos por os pés. Colocamos un pé enriba de cada anaco de cartón e intentamos “patinar” polo espazo, levando os anacos de cartón nos pés coma se foran uns patíns.

 

OLLO: Tede coidado da superficie por onde vos movedes porque se hai algunha area ou lixo no chan podedes raiar a madeira ou o parqué.

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais