VENRES 19 DE XUÑO
Bo día a tod@s!
Hoxe non tocan tarefas, toca despedida!
Decísmoslle adeus a este curso estraño que remata deste modo tan peculiar. Para min é un adeus a Cercio, xa que para o vindeiro curso non formarei parte do colexio. Marcho coa pena de non ter sido a vosa mestra en persoa, na clase e coma sempre. E tamén coa lástima de non poder despedirnos como se merece cada fin de curso. Deséxovos moita sorte no que vos queda no colexio e en tódolos aspectos da vida. Sempre me quedará moi bo recordo destes anos no cole de Cercio, de todolos alumn@s, mestres/as, pais e nais, Luis, Rocío e Raquel. Xuntos formades una gran familia, a miña familia do Varela Buxán, á que sempre lembrarei con moito agarimo.
Pasádeo moi ben este verán e tomádevos o voso merecido descanso. Nadade e xogade na auga o que poidades, facede rutas en bici, correde ao aire libre, contade contos e escoitádeos, pasade momentos en familia e cos amigos, gozade do sol e tamén das estrelas nalgunha noite despexada… Gozade de todo aquilo que vos gusta e que tedes tan cerca!
Grazas aos que estivestes traballando e mandando as tarefas neste período difícil, o meu traballo sen o voso non tería sentido.
Mándovos una enorme aperta e moitos bicos a toda a familia do Ceip Varela Buxán.
Ata sempre,
Natalia