Iniciar sesión: Acceso

Venres 12 de maio

Como foi a semana?

Veña rapaces e rapazas, moito ánimo que hoxe finalizamos a penúltima semana de tarefas e o último venres no que haberá actividade, xa que o seguinte xa será a entrega de fotos e unicamente teredes unha pequena sorpresa da miña parte.

Comezamos o venres cunha nova entrega da nosa enigmática frase. Xa case, case está. Seguro que algún xa imaxina que pode querer dicir. https://drive.google.com/file/d/1QlqNbGR03LFF1MI-1R03Ql6e0Xy7jeAM/view?usp=sharing

Ademais, propóñovos unha tarefa para que me entreguedes ao longo desta semana. É unha misión bastante especial e creo que será un bonito detalle para que eu leve ó centro. A todos nos gustan os agasallos, non si? Pois, ante a situación que vivimos, ocorréuseme que poderíamos agradecer o seu traballo a todas as persoas que colaboran con nós e que nos coidan. A miña proposta é que redactedes unha carta dirixida ao colexio, á todas as persoas que traballan nel e que durante todos estes anos estiveron coidando de vós. É sinxelo, acordádevos dalgunhas anécdota con eles: os mestres e mestras, Rocío ou Luis. Será un bonito agasallo que poidan ler nas vosas cartas como os recordades e que lles agradecedes. Recordade os consellos para este tipo de tarefas: pensades primeiro que que queredes contar e ide anotando as ideas, comezade a redactar lendo cada pouco o que levades escrito, revisade ao final as faltas de ortografía e asegurádevos de que todo teña sentido. Poñédelle ganas, xa vedes que é pouquiña tarefa. Podedes facelo a ordenador ou a man, como prefirades. Aquí vos deixo a tarefa: https://drive.google.com/file/d/1Y0Kxpp1AhUqsepLBX9w_aM53MHrNCjJ7/view?usp=sharing

Antes de despedirme coméntovos que, como pronto deixará de haber tarefas e daremos o curso por rematado, gustaríame volver falar con todos vós para comentar o curso e desexarvos un feliz verán. Facemos como a vez anterior? Déixovos por aquí a enquisa para que vaiades escollendo día e hora. Senón podedes escribirme ao correo quintosextocercio@gmail.com

https://forms.gle/bmF93cfA3Ck8sMDh9

Iso é todo! Feliz fin de semana!

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais