Iniciar sesión: Acceso

XOVES 28 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe propóñovos traballar o sopro a través dun circuíto de obstáculos, podedes empregar calquera material que teñades pola casa. Unha vez que teñades o circuíto so tedes que escoller unha pelotiña, un pompón, etc, e soprar para tentar chegar á meta superando todos os obstáculos. Déixovos unha foto orientativa. 

Tamén vos propoño unha actividade para diferenciar o son do /s/ e o son do /z/. So tedes que recortar as imaxes e copialas na casa correspondente. 

https://drive.google.com/file/d/1Tg-_PODYWDZ276plroiXcAW50xiyG5au/view?usp=sharing

Déixovos unhas lecturas moi sinxeliñas coas súas actividades. 

https://drive.google.com/file/d/1XPnq_YBWzoFl6VIj9jNvfwo8QhhuKPmY/view?usp=sharing

Como cada xoves tamén vos adxunto a ficha de velocidade lectora. Espero que vos estean a resultar útiles. 

https://drive.google.com/file/d/1d4i9ATYv1X1GMc2Y0_gqTOnr7oHNGp8H/view?usp=sharing

Se tedes dúbidas ou precisades poñervos en contacto comigo por calquera motivo podedes facelo a través do e-mail: alptcercio@gmail.com

Un saúdo e moito ánimo. 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais