Iniciar sesión: Acceso

PSICOMOTRICIDADE (Mércores 27 de Maio) Clase de 3 - 4 anos

   Bos días, hoxe imos a comezar traballando os golpeos de obxectos, para eso imos utilizar un material que seguro que tedes na casa; globos. Espero que vos gusten os xogos.  Ánimo e a xogar!!!!

·Globito pachín. Obxectivo: Traballar a coordinación óculo – manual.

                Practicar os golpeos coas extremidades superiores.

Para esta actividade necesitaremos un globo inflado (pero non en exceso). Ides a realizar o seguinte:

-Golpeamos o globo coa palma da man cara arriba, ¿sodes capaces de lanzalo moi alto?

- Golpeamos o globo co dorso da man) coa parte de arriba.

-Golpeamos o globo cun hombro, co brazo, coa cabeza, coa rodilla, co pé…

(Estas actividades realizamolas sempre con ambas mans)

-Para este xogo precisaredes a axuda de alguén. O que tedes que facer e suxeitar o globo entre os dous coas cabezas, tamén podedes facelo barriga con barriga, espalda con espalda…

-Mais de un; para este xogo precisaredes dous ou mais globos (tantos como sexades capaces de controlar). O que tedes que facer e manter no aire dous ou mais globos e intentar que non caian o chan, ¿Cantos sodes capaces de manter no aire?

 

·   ¡Qué non caia! Obxectivo: Practicar os golpeos.

Neste xogo intentaredes golpear o globo tantas veces como poidades e que non vos caia o chan.

 

·   Pompas de millo. Obxectivos: Traballar a coordinación óculo – pédica.

Para este xogo precisades cinco ou mais globos inflados. Colocádelos no chan e intentades estoupalos pisándoos cos pés.

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais