Iniciar sesión: Acceso

XOVES 21 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe propóñovos unha nova actividade para seguir a practicar o sopro, tan importante para falar. Déixovos un vídeo no que se explica como podedes facer un dragón soprador. Recordade que non tedes por que facelo exactamente así, podedes adaptalo como mellor vos pareza. 

https://www.youtube.com/watch?v=OIst-1juaZo

Para traballar as praxias, eses movementos da cara que nos axudan a mellorar a mobilidade, déixovos unha nova oca. Espero que vos resulte divertida. Esta oca recollina do blog de María Eugenia Romero

https://drive.google.com/file/d/1sV15SpTa933940BoDynn-8wbydKf63-O/view?usp=sharing

Tamén vos adxunto unhas pequenas pautas para a pronunciación do fonema /p/. 

https://drive.google.com/file/d/1f-6ewxc3iMqnPxZMupwE8JzBH0serlFk/view?usp=sharing

Ademais déixovos por aquí unhas lecturas moi sinxeliñas coas súas actividades. 

https://drive.google.com/file/d/1OOfpxOLm6q7EwqMyX2F8Ejpsxsu-Gi6K/view?usp=sharing

Como cada xoves non podía faltar unha nova ficha para traballar a velocidade lectora. 

https://drive.google.com/file/d/1BdT1U3LM6xsVxkDKnwm_WjITaMkTzP9L/view?usp=sharing

Se tedes dúbidas ou precisades poñervos en contacto comigo por calquera motivo podedes facelo a través do e-mail: alptcercio@gmail.com

Un saúdo e moito ánimo. 

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais