Iniciar sesión: Acceso

MÉRCORES 20 DE MAIO

Moi bo día! 

O luns xa vos expliquei o que eran os zentangle. Hoxe seguiremos a practicar un pouco esta actividade, espero que vos estea axudando e por suposto que vos guste. No vídeo de hoxe ensínanvos 6 patróns que podedes tentar reproducir, aínda que podedes facer outros ou inventalos vós. Recórdovos que non tedes por que facer un simple cadrado. Podedes encher un debuxo con zentangle, déixovos unha imaxe de mostra. 

https://www.youtube.com/watch?v=Zal1PTu9JqM

Tamén vos deixo unhas actividades en galego para aqueles nen@s que se inician na lectoescritura, son moi sinxelas. 

https://drive.google.com/file/d/1iCESMCeBd3l0zGJ7bgwISkdxNM-tW5M9/view?usp=sharing

Por suposto como cada mércores temos unha actividade de escritura creativa. Espero que esta tamén vos guste. 

https://drive.google.com/file/d/1dNV9nxYlQIi3Dd3d7RE-SE9fif5BNn4x/view?usp=sharing

Se tedes dúbidas ou precisades poñervos en contacto comigo por calquera motivo podedes facelo a través do e-mail: alptcercio@gmail.com

Un saúdo e moito ánimo. 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais