Iniciar sesión: Acceso

MARTES 19 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe preséntovos unha manualidade que nos servirá para traballar o sopro. Vades precisar a axuda dun adulto para poder facelo, recordade que podedes adaptalo como mellor vos pareza.

No vídeo que vos adxunto explicase como facer un anemómetro. Estes aparellos serven para medir a velocidade do vento, e iso e o que vamos facer nós. Unha vez que o teñades feito e comecedes a soprar poderedes saber como de forte sodes capaces de soprar, se queredes podedes ver a diferenza entre diferentes membros da familia. Espero que vos guste a actividade. 

https://www.youtube.com/watch?v=XF2Ym1y0TAo

Para a seguir traballando a discriminación de sons da lingua propóñovos un novo vídeo no que deberedes intentar adiviñar se as palabras soan igual ou non. 

https://www.youtube.com/watch?v=H967iLw9AY4

Por último adxúntovos unhas lecturas moi sinxelas coas súas actividades. 

https://drive.google.com/open?id=1vcAZMJcJTA6gM3IQsdN1LQ9PNAdmjK5_

Se tedes dúbidas ou precisades poñervos en contacto comigo por calquera motivo podedes facelo a través do e-mail: alptcercio@gmail.com

Un saúdo e moito ánimo. 

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais