Iniciar sesión: Acceso

LUNS 18 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe quero presentarvos unha nova actividade para traballar a concentración e a relaxación, aínda que tamén traballaremos outras cousas. Trátase do ZENTANGLE.

O método zentangle é un método artístico baseado na creación de imaxes a partir de patróns chamados tangles. Este método foi creado por Rick Roberts, profesor de ioga, e María Thomas, calígrafa, no 2004, en EEUU.

Os tangles son deseños abstractos formados con trazos repetidos seguindo unha estrutura. Soen facerse en branco e negro, dentro dunha estrutura cadrada non moi grande e sen empregar utensilios como goma, regras, etc. 

Pero nós non vamos ser tan estritos. Deixaremos voar a nosa imaxinación para crear uns tangles preciosos. Ao mesmo tempo traballar a concentración, a atención, a capacidade artística e por suposto chegar a un gran estado de relaxación. 

Déixovos por aquí un vídeo para comezar a aprender esta técnica. Espero que vos guste e vos sexa útil. 

https://www.youtube.com/watch?v=HnigzNrGERs

Ademais déixovos unha ficha con unhas cantas actividades nas que seguir traballando coas letras e as sílabas para formar palabras. 

https://drive.google.com/open?id=1TUkCP8GeUsyc9y6P3Rnqze2H2hvV0dz6

Por último déixovos unha lectura coas súas actividades. 

https://drive.google.com/open?id=17_5VGOy4j0LdaFBQPj7K-iLUwaUQM6M4

Se tedes dúbidas ou precisades poñervos en contacto comigo por calquera motivo podedes facelo a través do e-mail: alptcercio@gmail.com

Un saúdo e moito ánimo. 

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais