Iniciar sesión: Acceso

XOVES 7 DE MAIO

Moi bo día!

Hoxe propóñovos unha actividade un tanto diferente para traballar o sopro. O único que precisades é unha baralla de cartas e un vaso. Debedes colocar o vaso boca abaixo e poñer enriba a baralla. A continuación debedes soprar e conseguir tirar todas as cartas menos unha. É un exercicio de control de sopro un pouco difícil, non vos preocupedes senón vos sae. Tamén podedes facer variacións do xogo ao voso gusto. 

Para a realización de praxias adxúntovos un novo dado de praxias. Podedes complementalo co outro que xa fixemos. 

https://drive.google.com/open?id=1WMES1WiYU_O1qzyil3OSOBURK0oXFrHR

Tamén vos adxunto un documento para traballar a discriminación auditiva dos fonemas /b/ e /d/. A actividade consiste no seguinte: Podedes imprimir as páxinas do documento ou facelas vos na casa. O adulto deberá entregarlle os debuxos ao nen@ e irlle pedindo que coloque cada debuxo na casiña do /b/ ou na casiña do /d/ segundo corresponda. Se o neno non sabe o nome do obxecto ou acción debuxada o adulto deberá dicirllo en voz alta. Recordade non ensinar as palabras escritas, senón é moi doado ;)

https://drive.google.com/open?id=1aI_qtJ7ZQActgxD5ZalFF-2B8NoCvUwO

Por último adxúntovos unhas pequenas lecturas moi, moi doadas e como cada xoves unha nova ficha para mellorar a velocidade lectora. 

https://drive.google.com/open?id=1Hrt98pSPcqjeXuaBmIh0Qlp6TCA02Glt

https://drive.google.com/open?id=1CNGX0SgFegEItpD7vn3jclEx0AlgP0hv

Se tedes dúbidas ou precisades poñervos en contacto comigo por calquera motivo podedes facelo a través do e-mail: alptcercio@gmail.com

Un saúdo e moito ánimo. 

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais