Iniciar sesión: Acceso

MARTES 5 DE MAIO

Moi bo día!

Hoxe propóñovos unha actividade de sopro moi divertida. Consiste en facer flotar unha pelota. Déixovos un vídeo no que vos explicaran como fabricar o material para poder realizar este xogo. 

https://www.youtube.com/watch?v=Zc3gMWmxsHM

Para realizar as praxias déixovos unha oca de praxias. O seu funcionamento é o seguinte: 

Xogase como na oca normal, coa diferencia de que na casilla na que caigas tes que realizar o movemento que o debuxo che indique. 

-A casilla do mono coa estrela equivale á “de oca a oca e tiro porque me toca”

-A casilla do mono comendo un plátano significa que estamos un turno sen tirar. 

-Se caemos na casilla da calavera temos que volver comezar. 

https://drive.google.com/open?id=1wRK4RHi3TQ4deXW3VFBIqMNddM-Ugdlp

Este material foi atopado na páxina web de Orientación Andujar. 

Tamén vos adxunto un documento para a realización do fonema /ñ/. 

https://drive.google.com/open?id=1RUvT0OdndXVtpxDxCdbE2978yYTHY8Va

No que respecta á lectoescritura déixovos unhas lecturas moi sinxelas con preguntas de comprensión. 

https://drive.google.com/open?id=15b6DX9r-r0YvQpl9PjHaxpT_pZ4ebPEd

Se tedes dúbidas ou precisades poñervos en contacto comigo por calquera motivo podedes facelo a través do e-mail: alptcercio@gmail.com

Un saúdo e moito ánimo. 

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais