Iniciar sesión: Acceso

XOVES 30 DE ABRIL

Moi bo día!

Hoxe comezamos co sopro. A actividade que vos propoño hoxe é a de soprarlle a un muiño de vento. Algúns de vós seguro que tedes un muiño pola casa, para aqueles que non o teñades déixovos un vídeo no que se explica como se pode fabricar un de forma moi sinxela. 

https://www.youtube.com/watch?v=sO6PyoSECao 

A continuación déixovos outro vídeo, esta vez para realizar praxias. Espero que vos guste. 

https://www.youtube.com/watch?v=zRRjmVimRPw&t=61s 

Ademais adxúntovos un documento para repasar o fonema /n/. Xa sabedes que podedes empregalo como mellor vos pareza a vós. Como bingo, como mémory, empregandoo para nomear as imaxes....Recórdovos que este material procede da páxina web de ARASAAC

https://drive.google.com/open?id=1Mto8Es53H-fAil-u8R0mPQbtSLLdunlG

No que respecta á lectoescritura déixovos unha lectura moi sinxelas e unha nova ficha para traballar a velocidade lectora. 

https://drive.google.com/open?id=1FfwEE3vtqNsu47FsrI9P9cLESN5di9pL

https://drive.google.com/open?id=1zrxxFsb2ZlLc-BgG5O70HZeVEojMkcuW

Se tedes dúbidas ou precisades poñervos en contacto comigo por calquera motivo podedes facelo a través do e-mail: alptcercio@gmail.com

Un saúdo e moito ánimo. 

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais