Iniciar sesión: Acceso

MARTES 14 ABRIL

Moi bo día!

Benvidos a un novo trimestre!  Espero que tivésedes unha boas vacacións, dentro do posible. 

Vamos comezar coa estimulación da linguaxe oral.

En primeiro lugar o sopro. Hoxe propóñovos unha actividade moi sinxela, trátase de marcar goles. So tedes que coller unha boliña de papel, unha pelota de ping pong, un pompón.... e delimitar o entorno do que vai ser a vosa portería. Unha vez que teñades os materiais listos so queda comezar a soprar e ver quen gaña. 

Para traballar as praxias déixovos un documento con ilustracións. Podedes empregalo para repetir o que aparece nas imaxes ou incluso imprimilo para poder xogar ao bingo, ao memory, etc. Este material está sacado da web de arasaac

https://drive.google.com/open?id=1Rxicbm_9b3KMkyVBtzEqx5dF8lcfTw83 

Tamén vos deixo o enlace a un video de youtube para traballar a discriminación auditiva con instrumentos musicais. Espero que o desfrutedes. 

https://www.youtube.com/watch?v=0Ljm6xz2cHM 

Para afianzar o fonema /d/ , que traballamos antes das vacacións, déixovos un documento que podedes empregar para xogar ao bingo, ao memory ou simplemente para ir nomeando os debuxos. Este material provén da web de arasaac

https://drive.google.com/open?id=1-ch2lysNn60XNBmJYJzOvAWwo9hUJheV 

No que se refire á lectoescritura hoxe déixovos dous documentos para  traballar a comprensión lectora. Escollede aquel que se adapte máis ao voso nivel.

 https://drive.google.com/open?id=1lOd3QVdaCR5xu_UY0KmV3zVb4Sed8OPa

https://drive.google.com/open?id=11x77swTTcICB7EREdvjfoqWCtoCIcWjt

Un saúdo e moito ánimo. 

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais